DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2023 Páx. 62697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Oleiros (expediente IN407A 2023/397-1).

Expediente: IN407A 2023/397-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBT rúa Bañil.

Termo municipal: Oleiros.

1. Características técnicas:

Instalación, na parcela con referencia catastral 3791313NH5939S0001GJ, delimitada polas rúas Bañil e Ameneiro (A Ferralla), dun novo centro de transformación prefabricado de execución soterrada, compacto de manobra interior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, dotado de equipamento de telecontrol e telexestión e cadro de baixa tensión con catro (4) saídas. Disporá de acceso directo á vía pública con cara á rúa Ameneiro.

Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 2×132 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm² Al), con orixe e remate en empalmes MT que se realizarán na rúa Ferralla sobre o treito da LMTS SAD-707 comprendido entre o CT Santa Cruz-Molino (expedientes IN407A 2001/128-1 e IN407A 2015/340-1/matrícula: 15CQK7) e o CT Pezoca (expedientes 25.579 (52.690) e IN407A 2016/196-1/matrícula: 15CR51), tras entrar e saír no novo CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Santa Cruz-Molino (expedientes IN407A 2001/128-1 e IN407A 2015/340-1/matrícula: 15CQK7) e polo CT Franzomel (expedientes 18.062 e IN407A 2016/294-1/matrícula: 15CR23), que resultarán parcialmente descargados, mediante a instalación de dous (2) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 208 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1×240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón existente e no acoplamento coa rede soterrada de baixa tensión existente que se realizará en arqueta, tamén existente, e a substitución de 400 metros da rede aérea de baixa tensión (RBTA) existente en condutores tipo RZ-3 (1×50/54,6 mm2 Al/Alm), RZ-3 (1×25/54,6 mm2 Al/Alm) e 2LC-28 por novos condutores tipo RZ-3 (1×95/54,6 mm2 Al/Alm e RZ-3 (1×25/54,6 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20.6.1957).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta co presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Oleiros.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 18 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Termo municipal de Oleiros

LMTS, CT e RBT rúa Bañil

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Karina Menéndez Lago

Daniel Barcia Castro

3791313NH5939S0001GJ

Rúa Bañil

CT

31,64

Urbano. Solo sen edificar