DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2023 Páx. 62690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 27 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2015/00209 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu respectivo expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Ourense, avenida de La Habana, 79, 1º, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada, diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Ourense, 27 de outubro de 2023

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

OU-2015/00209

FO313944

Resolución de cancelación da inscrición

OU-2016/00002

BN0202154

Resolución de cancelación da inscrición

OU-2016/00156

FO608420

Resolución de cancelación da inscrición