DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2023 Páx. 62542

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 29 de outubro de 2023 dos premios Talento Mozo Galicia, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS327A).

No Diario Oficial de Galicia número 31, do 14 de febreiro de 2023, publicase a Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases que rexen a concesión dos premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS327A).

De conformidade co artigo 15.2 da citada orde, o órgano competente para resolver é a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 19 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, finalizada a instrución e emitida o 29 de outubro de 2023 a resolución pola que se conceden os premios,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 29 de outubro de 2023, ditada no procedemento BS327A, dos premios Talento Mozo Galicia, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 29 de outubro de 2023 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude,
Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución dos premios Talento Mozo Galicia, ao abeiro da Orde do 31
de decembro de 2022 pola que se aproban as bases que rexen os premios
Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023
(código de procedemento BS327A)

Mediante a Orde do 31 de decembro de 2022 (DOG núm. 31, do 14 de febreiro de 2023) establecéronse as bases reguladoras dos premios Talento Mozo Galicia e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2023.

O artigo 13 da orde de convocatoria prevé a constitución dun xurado para o exame e valoración dos expedientes, designado para o efecto por resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que será quen desempeñe a súa presidencia.

O artigo 12 da orde sinala que o órgano instrutor do procedemento é o Instituto da Xuventude de Galicia. De acordo co citado artigo, unha vez completos os expedientes, foron remitidos ao xurado para a súa valoración conforme os criterios recollidos no artigo 14.1. Remitíronse un total de 142 expedientes, dos 143 presentados, distribuídos da seguinte forma: na modalidade de Ciencia: 14, na modalidade de Rural: 9, na modalidade de Deporte: 75, na modalidade de Empresa: 8 e na modalidade de Cultura e Creación: 36.

O expediente BS327A-2023-123 non foi remitido ao xurado, por incumprimento do requisito do artigo 5.1 da orde de convocatoria: ter entre 18 e 35 anos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

O día 14 de setembro de 2023, o xurado emitiu o informe-valoración para cada unha das modalidades, de acordo co prescrito no artigo 14.2 da orde reguladora.

Con base no anterior e conforme o sinalado no artigo 15 da orde, á vista do expediente e do informe-valoración do xurado, o día 23 de outubro o Instituto da Xuventude de Galicia, como órgano instrutor do procedemento, propuxo:

1. Desestimar a solicitude correspondente ao expediente BS327A-2023-123 por incumprimento do requisito do artigo 5.1 da orde de convocatoria: ter entre 18 e 35 anos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

2. Resolver a convocatoria dos Premios Talento Mozo Galicia 2023 e outorgar un premio en cada unha das modalidades establecidas de 5.000 euros por modalidade, en consonancia coa valoración do xurado.

Á vista do exposto, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e atribuída a competencia para resolver, por delegación da conselleira de Política Social e Xuventude, segundo o disposto no artigo 15 e na disposición derradeira primeira da orde de convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Desestimar a solicitude correspondente ao expediente que se indica a seguir, pola causa que se sinala:

Expediente BS327A-2023-123, NIF ***0580**, causa: incumprimento do requisito do artigo 5.1 da orde de convocatoria: ter entre 18 e 35 anos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Conceder os premios da convocatoria dos Premios Talento Mozo Galicia 2023 ás seguintes persoas que obtiveron a puntuación máis alta en aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 14.1 da orde:

Na modalidade de Ciencia: Mario Soilán Rodríguez, con NIF: ***4728**, expediente BS327A-2023-58, cun total de 70,5 puntos.

Na modalidade de Rural: Elio López García, con NIF: ***8302**, expediente BS327A-2023-113, cun total de 71 puntos.

Na modalidade de Deporte: Adiaratou Iglesias Forneiro, con NIF: ***2120**, expediente BS327A-2023-17, cun total de 80 puntos.

Na modalidade de Empresa: David Blanco Fraga, con NIF: ***7450**, expediente BS327A-2023-4, cun total de 57 puntos.

Na modalidade de Cultura e Creación: Iria Folgado Dopico, con NIF: ***2081**, expediente BS327A-2023-117, cun total de 55 puntos.

Terceiro. As persoas premiadas deberán cumprir coas obrigas previstas no artigo 18 da Orde do 31 de decembro de 2022.

Cuarto. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 19 da Orde do 31 de decembro de 2022 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 15.2 da Orde do 31.12.2022; DOG núm. 31, do 14 de febreiro de 2023), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado