DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 61845

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 25 de setembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión das subvencións previstas na Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades deportivas para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas, e se convocan para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401D).

Antecedentes:

Primeiro. O 20 de xuño de 2023 publicouse a Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades deportivas para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas, e se convocan para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401D), en diante a Orde do 6 de xuño de 2023.

Segundo. O 2 de outubro de 2023 publicouse no DOG a Resolución do 25 de setembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión das subvencións previstas na Orde do 6 de xuño de 2023 (en diante, Resolución do 25 de setembro de 2023).

Terceiro. As entidades que se relacionan a continuación presentaron escritos de renuncia á totalidade da subvención concedida a cada unha delas.

Nome entidade

NIF

Actuación

Importe subvención concedida 2023

Importe subvención concedida 2024

Total

Club Deportivo Valladares de Vigo

G36629657

Mellora e reforma de instalacións deportivas

11.466,37 €

13.533,63 €

25.000,00 €

Club de Tenis de Mesa Cidade de Narón

G15892946

Climatización da sala de tenis de mesa no local social

11.466,37 €

13.533,63 €

25.000,00 €

Real Aéreo Club de Santiago

G15028509

Mellora da impermeabilización da cuberta

11.466,37 €

13.533,63 €

25.000,00 €

Club Ría de Betanzos

G15128853

Mellora de instalacións deportivas

2.935,39 €

3.464,61 €

6.400,00 €

Total

37.334,50 €

44.065,50 €

81.400,00 €

Cuarto. Mediante Resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, do 26 de outubro de 2023, aceptáronse as renuncias ás subvencións presentadas polas entidades relacionadas anteriormente. O importe total a que ascende a suma das cantidades afectadas polas renuncias é de 81.400,00 euros, tal e como se reflicte no cadro anterior.

Quinto. O punto primeiro da Resolución do 25 de setembro de 2023 resolve as solicitudes estimadas. Non obstante, e como se detalla no seu anexo I, a unha das entidades beneficiarias, a entidade Free Dojo (NIF G67878165), concedéuselle unha subvención parcial ao terse esgotado o crédito.

Así, o detalle da subvención parcialmente concedida é o seguinte:

Orzamento da actuación

Importe máximo subvencionable
(80 % do gasto)

Importe 2023

Importe 2024

Total

15.020,72 €

12.016,58 €

5.483,26 €

6.471,58 €

11.954,84 €

Porén, o importe máximo da subvención que lle correspondería se non se esgotase o crédito é o seguinte:

Orzamento da actuación

Importe máximo subvencionable
(80 % do gasto)

Importe 2023

Importe 2024

Total

15.020,72 €

12.016,58 €

5.512,00 €

6.504,58 €

12.016,58 €

Polo tanto, o importe adicional que lle corresponde á entidade Free Dojo ata completar o importe máximo subvencionable sería de 61,74 euros coa seguinte distribución por anualidades:

• Ano 2023: 28,74 euros.

• Ano 2024: 33,00 euros.

Sexto. Por outra banda, o punto segundo da Resolución do 25 de setembro de 2023 resolve as solicitudes desestimadas por esgotamento de crédito, de conformidade coa puntuación outorgada na Comisión de Valoración, segundo informe do 14 de setembro do 2023. En virtude do crédito excedente resultante das renuncias antes citadas e que, tras descontar o crédito correspondente á ampliación da subvención á entidade Free Dojo, ascende á cantidade de 81.338,26 euros, as entidades solicitantes ás cales lles corresponde a subvención serían as seguintes:

Solicitante

NIF

Actuación

Puntos totais

Orzamento da actuación

Orzamento máximo subvencionable

Importe 2023

Importe 2024

Total

Club Family Los Tilos

G70462742

Cambio de céspede en dúas pistas de pádel

25

13.890,80 €

11.112,64 €

5.096,87 €

6.015,77 €

11.112,64 €

Club de Fútbol Deportivo Chaín

G36794196

Mellora de instalacións deportivas para ximnasio

24

49.244,58 €

25.000,00 €

11.466,37 €

13.533,63 €

25.000,00 €

Club Compostela Pitch and Putt

G44656122

Construción de peche de seguridade para cancha

21

37.913,62 €

25.000,00 €

11.466,37 €

13.533,63 €

25.000,00 €

Club de Fútbol San Esteban

G36733020

Reparación, reforma e mellora do campo de fútbol

19

113.606,03 €

25.000,00 €

9.276,15 €

10.949,47 €

20.225,62 €

Total

37.305,76 €

44.032,50 €

81.338,26 €

Á entidade Club de Fútbol San Esteban corresponderíalle unha axuda parcial e non a total de 25.000 euros, ao esgotarse o crédito dispoñible tras as renuncias.

Sétimo. Con data do 30 de outubro de 2023, o secretario xeral para o Deporte propón modificar a Resolución do 25 de setembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión das subvencións previstas na Orde do 6 de xuño de 2023, para ampliar a subvención concedida á entidade Free Dojo e conceder a subvención aos novos beneficiarios, citados no antecedente sexto, nos seguintes termos:

Solicitante

NIF

Actuación

Puntos totais

Orzamento da actuación

Orzamento máximo subvencionable

Importe 2023

Importe 2024

Total

Free Dojo (importe de ampliación)

G67878165

Reforma e equipamento do centro deportivo

27

15.020,72 €

12.016,58 €

28,74 €

33,00 €

61,74 €

Club Family Los Tilos

G70462742

Cambio de céspede en dúas pistas de pádel

25

13.890,80 €

11.112,64 €

5.096,87 €

6.015,77 €

11.112,64 €

Club de Fútbol Deportivo Chaín

G36794196

Mellora de instalacións deportivas para ximnasio

24

49.244,58 €

25.000,00 €

11.466,37 €

13.533,63 €

25.000,00 €

Club Compostela Pitch and Putt

G44656122

Construción de peche de seguridade para cancha

21

37.913,62 €

25.000,00 €

11.466,37 €

13.533,63 €

25.000,00 €

Club de Fútbol San Esteban (*)

G36733020

Reparación, reforma e mellora do campo de fútbol

19

113.606,03 €

25.000,00 €

9.276,15 €

10.949,47 €

20.225,62 €

Total

37.334,50 €

44.065,50 €

81.400,00 €

(*) Entidade parcialmente subvencionada.

Á entidade Club de Fútbol San Esteban proponse concederlle unha axuda parcial, e non a total de 25.000 euros, ao esgotarse o crédito dispoñible.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. De conformidade co disposto no artigo 11 da Orde do 6 de xuño de 2023, o secretario xeral para o Deporte elevou proposta de resolución de concesión, conforme todo o actuado, á persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Segunda. O artigo 21 da Orde do 6 de xuño de 2023 establece que «As cantidades que resultaren sobrantes por causa de renuncia ou non presentación das xustificacións correspondentes por parte das entidades beneficiarias poderanse dedicar a subvencionar as entidades que presentaron, en prazo, solicitude de subvención ao abeiro desta orde, de acordo coa orde de prelación resultante da valoración efectuada pola Comisión de Valoración».

Terceira. As solicitudes, as actuacións que se desenvolverán obxecto das solicitudes de subvención, as contías e os trámites dos expedientes axústanse ao establecido na devandita convocatoria e ás súas bases reguladoras.

As solicitudes aceptadas foron presentadas dentro do prazo establecido na orde de convocatoria. Examinados os expedientes, comprobouse que as solicitudes para as cales se propón subvención cumpren todos os requisitos establecidos na convocatoria e nas bases reguladoras das citadas subvencións.

De conformidade co artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a modificación da resolución como consecuencia da renuncia das entidades relacionadas no antecedente terceiro, non dana dereitos de terceiros, e non afecta o resultado da baremación con base na cal se lles adxudicou a subvención outorgada, de conformidade cos criterios aplicados que figuran no artigo 11 das bases reguladoras das subvencións destas axudas.

Cuarta. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no DOG producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, sen prexuízo desta. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

Quinta. Con base na proposta formulada pola Secretaría Xeral para o Deporte do 30 de outubro de 2023, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a Resolución do 25 de setembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión das subvencións previstas na Orde do 6 de xuño de 2023, para ampliar a subvención concedida á entidade Free Dojo e conceder a subvención aos novos beneficiarios, nos seguintes termos:

Solicitante

NIF

Actuación

Puntos totais

Orzamento da actuación

Orzamento máximo subvencionable

Importe 2023

Importe 2024

Total

Free Dojo (importe de ampliación)

G67878165

Reforma e equipamento do centro deportivo

27

15.020,72 €

12.016,58 €

28,74 €

33,00 €

61,74 €

Club Family Los Tilos

G70462742

Cambio de céspede en dúas pistas de pádel

25

13.890,80 €

11.112,64 €

5.096,87 €

6.015,77 €

11.112,64 €

Club de Fútbol Deportivo Chaín

G36794196

Mellora de instalacións deportivas para ximnasio

24

49.244,58 €

25.000,00 €

11.466,37 €

13.533,63 €

25.000,00 €

Club Compostela Pitch and Putt

G44656122

Construción de peche de seguridade para cancha

21

37.913,62 €

25.000,00 €

11.466,37 €

13.533,63 €

25.000,00 €

Club de Fútbol San Esteban (*)

G36733020

Reparación, reforma e mellora do campo de fútbol

19

113.606,03 €

25.000,00 €

9.276,15 €

10.949,47 €

20.225,62 €

Total

37.334,50 €

44.065,50 €

81.400,00 €

(*) Entidade parcialmente subvencionada.

Segundo. As entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, para comunicar a aceptación da subvención e das condicións contidas nela, ou ben para comunicar a renuncia á subvención concedida. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a subvención.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 6 de xuño de 2023, poderá realizarse o pagamento do 100 % do importe da subvención correspondente á anualidade 2023, en concepto de pagamento anticipado, unha vez notificada a resolución da concesión e logo da aceptación expresa desta.

Así mesmo, poderá realizarse o pagamento do 100 % do importe da subvención correspondente á anualidade 2024, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez que se presente a xustificación da porcentaxe concedida en 2023 e se realicen todas as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actuación subvencionada.

Para o pagamento anticipado a entidade deberá presentar unha solicitude conforme o anexo V da Orde do 6 de xuño de 2023.

Cuarto. Segundo o artigo 6 da Orde do 6 de xuño, as entidades que resulten beneficiarias quedarán obrigadas a presentar o correspondente proxecto técnico e as autorizacións administrativas municipais e sectoriais oportunas, se a entidade e a complexidade das obras que se vaian a executar o exixen.

Quinto. Para a xustificación da subvención, segundo o artigo 18 da orde da convocatoria, as entidades beneficiarias terán de prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a correspondente xustificación, segundo a documentación establecida no referido artigo, ata o 1 de decembro de 2023, para a primeira anualidade e ata o 31 de outubro de 2024, para a segunda anualidade.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes