DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente REC-CO-0141-2023 AGR.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser realizada no BOE e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo Xurídico-Administrativo por suplencia do xefe territorial (Resolución do 7.7.2022).

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 25 de outubro de 2023

Xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

Anexo

Expediente: REC-CO-0141-2023 AGR.

DNI denunciado: 33285424P.

Acto de notificación: acordo de inicio.