DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de novembro de 2023, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/22/077.06.

Para os efectos de coñecemento das persoas interesadas, tras resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto Eixe de mobilidade sustentable Pontevedra-Marín na PO-546, treito Mollavao-Praceres, de clave PO/22/077.06, no concello de Pontevedra, que terán lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 21 e 22 de novembro de 2023.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoal debidamente autorizado, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden ver o expediente no Servicio Provincial de Pontevedra, sito na avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 3 de novembro de 2023

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Data

Hora

IZQ001

7967601NG2976N

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

22.11.2023

10.30

IZQ003

6249103NG2964N

García Lalín, Paz

Bernárdez Cerdeira, Manuel

22.11.2023

12.00

DCH004

8369009NG2986N

Prieto Fernández, Carmen

21.11.2023

10.30

DCH006

8369011NG2986N

Tasende Díaz, José Antonio

21.11.2023

11.00

DCH007

8369017NG2986N

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

21.11.2023

11.15

DCH013

7357005NG2975N

Vázquez Villanueva, Manuel

Vázquez Fraga, Dolores

21.11.2023

12.00

DCH022

7357015NG2975N

Pombo Portela, Mercedes

21.11.2023

12.45

DCH026

7357018NG2975N

Pereira Vilariño, Benigno

21.11.2023

13.00

DCH027

7357026NG2975N

Iglesias Pazos, Natalia

22.11.2023

10.00

DCH029

7357021NG2975N

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

22.11.2023

10.30

DCH031

-

Descoñocido

22.11.2023

10.30

DCH033

-

Descoñocido

22.11.2023

10.30

DCH036

6249301NG2964N

González Vieitez, Mario Fernando

22.11.2023

11.30