DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de outubro de 2023, da Comisaría de Augas, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente de extinción do título concesional relativo a unha concesión outorgada no río Arnego, nos concellos de Agolada e Lalín (Pontevedra).

O 24.11.2022, a dirección de Augas de Galicia ditou acordo de incoación do expediente de extinción por caducidade da concesión outorgada o 16.4.1957 para o aproveitamento dun caudal de 354 l/s no río Ulla, con destino á explotación dunha central eléctrica, un muíño fariñeiro, un serradoiro e rega, con base no incumprimento do condicionado da resolución de outorgamento, así como pola interrupción permanente da explotación durante máis de tres anos consecutivos por causas imputables ao titular concesional.

Realizados todos os trámites regulamentarios, e logo de emitir o informe que indica o artigo 165.3 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, de conformidade co artigo 165.4 da mesma norma, previamente á emisión da resolución deste procedemento, ábrese o trámite de audiencia no expediente co obxecto de que os que se consideren interesados poidan alegar canto ao seu dereito conveña e presentar os documentos ou xustificacións que consideren pertinentes, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), indicando no destino a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Augas de Galicia.

Posto que se descoñecen os datos dos titulares do dereito que se está a extinguir, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícase o dito trámite para que, en cumprimento do artigo 46 da LPAC, os interesados comparezan, no prazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos documentos que conforman o expediente e constancia de tal coñecemento. Durante este mesmo prazo poderán formular as alegacións e achegar as probas que consideren oportunas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023

Roberto Arias Sánchez
Comisario de Augas