DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de outubro de 2023, da Zona Hidrográfica de Galicia-Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de modificación de concesión de augas no concello da Pobra do Caramiñal (expediente DH.A15.28416).

Escurís, S.L. solicita de Augas de Galicia a modificación da concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Escurís, S.L.

Expediente: DH.A15.28416.

Volume total anual: 86.800 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,75 l/s.

Destino: uso industrial.

Orixe: X=504.503; Y=4.716.760 (ETRS89, H29).

Lugar: A Baiuca.

Parroquia: O Caramiñal (Santa María A Antiga).

Concello: A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

A modificación solicitada consiste no cegado do pozo de captación actual, por sufrir un proceso de obturación, e na execución dun novo, a uns 5 m de distancia, nas coordenadas UTM X=504.503 Y=4.716.760 (ETRS89, H29), na parcela de referencia catastral 15068A017003830000YJ, e mantéñense as restantes características do aproveitamento para uso industrial.

O anterior faise público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, durante un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que as persoas interesadas poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode examinalo quen o desexe durante o devandito prazo, logo de cita no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia-Centro