DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente DH.A36.75725).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento, que mediante Resolución da Dirección de Augas de Galicia, do 2 de marzo de 2023, e como resultado do expediente incoado para o efecto, se outorgou a Álvaro Silva Fernández unha concesión de 1.217 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Carballido, da parroquia de Cea (San Pedro), no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), con destino a uso doméstico, rega e recreativo, e se procedeu á extinción da concesión que se lle outorgase na resolución da concesión administrativa do 21 de novembro de 2006.

Expediente: DH.A36.75725.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións