DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 26 de outubro de 2023 de notificación de visita para toma de datos no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/127/2016.

O 1 de febreiro de 2024, ás 10.30 horas, funcionarios do Servizo Técnico da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU) van realizar unha visita de inspección ás obras obxecto do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/127/2016.

Para estes efectos, convócase a persoa interesada con DNI 53799335N para que facilite o acceso ao interior da totalidade da edificación, quen poderá acudir acompañada dos técnicos que considere convenientes.

Así mesmo, comunícaselle que non é imprescindible a presenza da persoa interesada sempre que alguén facilite o acceso á edificación e á totalidade das obras obxecto do expediente para realizar as actuacións indicadas.

No caso de que a interesada non teña a vontade de facilitar o acceso, deberá comunicar expresamente a súa negativa ao acceso por escrito nun prazo mínimo de vinte (20) días previo á visita de inspección fixada, dirixida ao Servizo Técnico da APLU, co obxecto de non desprazar técnicos especialistas que deriven en gastos para a interesada. Nese caso, procederase á solicitude de autorización de entrada en domicilio ao xulgado correspondente.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística