DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Campo Lameiro

ANUNCIO do 17 de outubro de 2023 de comunicación de execución subsidiaria en relación co procedemento aberto en materia de xestión da biomasa.

En exercicio da facultade conferida polo artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise público que, mediante a Resolución do expediente 358/2022, do 17 de outubro de 2023, resolveuse o que segue:

RESOLVO:

Primeiro. Acordar a execución subsidiaria das actuacións materiais seguintes nas parcelas correspondentes coas referencias catastrais 36007A00400090 e 36007A00400091, de acordo coas seguintes valoracións:

Actuacións materiais na parcela 36007A00400090

Valoración (€)

Roza manual

2.000

Corta polo pé de arborado prohibido e redución da densidade

Actuacións materiais na parcela 36007A00400091

Valoración (€)

Roza manual

2.000

Corta polo pé de arborado prohibido e redución da densidade

Total

4.000 €

Os gastos que se deriven da execución subsidiaria sobre a parcela 36007A00400090 a cargo de Manuel García Vallejo e os gastos que se deriven da execución subsidiaria sobre a parcela 36007A00400091 a cargo de Jesús Silva Durán, con DNI ****3547*. As actuacións executaranse por contrato.

Segundo. Advertir que a execución subsidiaria das actuacións levarase a cabo no prazo máximo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Aprobar a cantidade de 4.000 € como provisión de fondos para a realización das obras indicadas anteriormente.

Cuarto. Ordenar que se ingrese a cantidade de 2.000 € por Manuel García Vallejo, como responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas sobre a parcela de referencia catastral 36007A00400090, en concepto de liquidación provisional dos custos da realización das actuacións materiais sinaladas, todo iso sen prexuízo do seu carácter provisional e a resultas da liquidación definitiva que se efectúe unha vez realizadas as correspondentes obras de corta polo pé de arborado prohibido e redución da densidade.

Quinto. Ordenar que se ingrese a cantidade de 2.000 € por Jesús Silva Durán, con DNI ****3547V, como responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas sobre a parcela de referencia catastral 36007A00400091, en concepto de liquidación provisional dos custos da realización das actuacións materiais sinaladas, todo iso sen prexuízo do seu carácter provisional e a resultas da liquidación definitiva que se efectúe unha vez realizadas as correspondentes obras de corta polo pé de arborado prohibido e redución da densidade.

Sexto. Notificar aos interesados a resolución de Alcaldía.

Séptimo. Á vista de que non é posible a notificación aos titulares catastrais das parcelas 36007A00400090 e 36007A00400091 e, a teor do establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, remítase anuncio ao Diario Oficial de Galicia, ao Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e ao taboleiro de anuncios do Concello, en que se comunique que as actuacións materiais se realizarán no prazo máximo dun mes densde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo, ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Campo Lameiro, 17 de outubro de 2023

Carlos Costa Domínguez
Alcalde