DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 16 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Riotorto (expediente IN407A 2023/086-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: peche de anel LAT 20 kV entre LAT Fonsagrada 1 e LAT Pontenova (CT Galegos-CT Lourido) (Riotorto).

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9. 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

– Liña eléctrica de alta tensión aérea, a 20 kV, de 1.448 metros de lonxitude en condutor tipo 94-AL1/22-ST1A (LA 110), con orixe no apoio proxectado núm. 1 e final no apoio núm. 10 proxectado na LAT Pontenova.

– Liña eléctrica de alta tensión aérea, a 20 kV, de 13 metros de lonxitude en condutor tipo 47-AL1/8-ST1A (LA 56), con orixe no apoio núm. 10 proxectado na LAT Pontenova e final no CT intemperie existente 11342 Lourido.

– Liña eléctrica de alta tensión soterrada, a 20 kV, de 180 metros de lonxitude en condutor tipo HEPRZ1- 12/20 kV 1X240 K Al + H16, con orixe no apoio A25670 da LAT Fonsagrada 1 e final no apoio núm. 1 proxectado, con entrada e saída no CT Galegos proxectado..

– Substitución do centro de transformación intemperie (CTI) Galegos existente por un novo CT prefabricado de 50 kVA de potencia instalada, 630 kVA de potencia máxima admisible e relación de transformación 20.000/400-230 V.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da Consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/riotorto

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 16 de outubro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de peche de anel LAT 20kV entre LAT Fonsagrada 1 e
LAT Pontenova (CT Galegos-CT Lourido) (Riotorto (Lugo)

Concello: Riotorto (Lugo)

Expediente: IN407A 2023/86-2

Predio núm.

Datos catastrais

Termo municipal

Datos propietarios (nome)

Tipo cultivo

Afeccións

Accesos
superficie ocupación temporal (m²)

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Lugar

Apoio núm.

Apoio
superficie ocupación permanente (m²)

L.A.T.A.
superficie afectada polo voo (m²)

C.T.
superficie ocupación permanente (m²)

1

11

1261

27054G01101261

Dorna

Riotorto

Luna Lourido Manuel

Prado

 

 

1

42

 

2

11

1260

27054G01101260

Sus Cortiñas

Riotorto

Gómez González María Pilar

Prado

 

 

41

 

 

3

11

1259

27054G01101259

Sus Cortiñas

Riotorto

Gómez González María Pilar

Prado

 

 

268

 

 

4

11

1254

27054G01101254

Sus Cortiñas

Riotorto

García García Ignacio

Prado

 

 

19

 

 

7

11

1250

27054G01101250

Sus Cortiñas

Riotorto

Costa Gómez Rosa

Monte alto

 

 

1.056

 

 

8

10

1195

27054G01001195

Estivo dos Longos

Riotorto

Costa Gómez Rosa

Prado

 

 

4.328

 

 

9

10

1197

27054G01001197

Cales

Riotorto

Legaspi Linares Visitación

Prado

3

2

1.024

 

82

10

10

1196

27054G01001196

Estivo dos Longos

Riotorto

Legaspi Linares Visitación

Prado

 

 

1

 

 

11

10

1190

27054G01001190

Chan de Vilar

Riotorto

Luna Lourido Manuel

Prado

 

 

823

 

 

12

10

1189

27054G01001189

Chan de Vilar

Riotorto

Gómez Carreira María Monserrat

Prado

4

2

676

 

91

15

10

1212

27054G01001212

Cales

Riotorto

Castañal Pérez Sinesio

Monte alto

 

 

1.781

 

 

16

10

1213

27054G01001213

Rego do Lourido

Riotorto

Castañal Pérez Sinesio

Monte alto

6

2

4.266

 

127

17

10

1171

27054G01001171

Rego do Lourido

Riotorto

Castañal Perez Sinesio

Monte alto

 

 

2.964

 

 

18

10

1175

27054G01001175

Tras do Val

Riotorto

Inversiones Lourido, S.L.

Monte alto

7

2

5.260

 

167

19

10

1182

27054G01001182

Vales

Riotorto

Inversiones Lourido, S.L.

Monte alto

 

 

428

 

 

20

10

1181

27054G01001181

Campo da Festa

Riotorto

Fernández Aguiar Jesús

Monte alto

 

 

1.373

 

 

21

9

1128

27054G00901128

Barreira

Riotorto

Fernández Fernández Florentino

Monte alto

 

 

483

 

 

22

9

1129

27054G00901129

Barreira

Riotorto

Fernández Fernández Florentino

Monte alto

8

2

647

 

44

23

9

1132

27054G00901132

Sacadas

Riotorto

González Fernández Ovidio

Prado

 

 

164

 

 

24

9

1130

27054G00901130

Barreira

Riotorto

Fernández Fernández Florentino

Prado

9

2

565

 

55

26

9

1146

27054G00901146

Sacadas

Riotorto

Rodríguez Costa Venancio

Monte alto

10

2

39

 

13