DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2023 Páx. 61426

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sobrado

ANUNCIO do 17 de outubro de 2023 de notificación do procedemento de orde de execución en materia de limpeza de terreos e soares e de protección contra incendios forestais.

No expediente que figura no anexo, e sendo imposible a notificación, ben por seren os interesados/as descoñecidos/as, ben por ignorar o lugar ou medio para levala a cabo ou ben non podéndose practicar logo do intento nos termos legais. De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación substitutoria da notificación mediante a inserción deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A presente resolución de apertura de expediente de orde de execución é un acto de trámite non susceptible de recurso. O/a interesado/a poderá consultar o expediente no Concello de Sobrado (praza Portal, 1, 15813 Sobrado, A Coruña) e realizar as alegacións que considere oportunas no prazo de 10 días desde a recepción deste.

En caso de persistencia do incumprimento despois do transcurso do prazo outorgado, para que se limpe o soar, procederase á execución subsidiaria sen máis trámites, considerando a obrigación legal da persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento deste de facilitarlle o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria e a facultade deste último de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, excepto naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución.

Sobrado, 17 de outubro de 2023

Luis Lisardo Santos Ares
Alcalde

ANEXO

Expediente: orde de execución (2022/X999/000110).

Acto que se notifica: resolución da Alcaldía que inicia expediente de orde de execución en materia de limpeza de terreos e soares e de protección contra incendios forestais en Sobrado (A Coruña).

Interesados/as: herdeiros de Carmen López Rábade.

Ref. catastral 002008300NH76F0001RW.