DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2023 Páx. 61423

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da convocatoria pública para a concesión de bolsas de estudo 2023/24.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do 6 de outubro de 2023, acordouse:

Primeiro. Realizar a convocatoria pública para a concesión de bolsas de estudo curso 2023/24.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar esta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, na Base de datos nacional de subvencións, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello.

Abegondo, 10 de outubro de 2023

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde