DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2023 Páx. 61422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, procedemento abreviado 245/2023 C.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense tramítase o recurso 245/2023 C (procedemento abreviado), interposto por David Fernández Vázquez contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 9 de xuño de 2023, pola que se estima parcialmente o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 20 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 66, do 4 de abril).

Categoría: enfermeiro/a.

Acceso: libre.

Ámbito: Distrito Sanitario de Ourense.

Apartado: experiencia.

O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos