DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61116

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico de grao medio de investigación (resonancia magnética nuclear), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 3 de maio de 2023 (DOG do 16 de maio), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico de grao medio de investigación (resonancia magnética nuclear), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 12 de setembro de 2023 (DOG do 19 de setembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 2 de febreiro de 2024, ás 10.00 horas, na sala de videoconferencias, 2º andar, Edificio Cactus, da USC (rúa Constantino Candeira, 1), en Santiago de Compostela. Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o devandito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela