DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

ANUNCIO do 24 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se notifica á persoa interesada o requirimento de documentación no expediente PR905A 2023/194.

Intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos no domicilio que consta no correspondente expediente, esta non se puido efectuar. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento de documentación á persoa interesada.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, rúa Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se comunica á persoa interesada que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se non presenta a documentación que se lle require no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE se terá por desistida da súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/número de expediente

DNI

Acto obxecto da notificación

Data do documento

PR905A 2023/194

55589544Q

Requirimento

31.7.2023