DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/174-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas e, particularmente, ás relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA. BRT803. Substitución de apoio 9QEP952S//77-63-A-7-CT, no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2022/174-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberá comparecer a persoa titular do ben ou dereito afectado por si ou representada por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 23 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/174-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA. BRT803. Substitución de apoio 9QEP952S//77-63-A-7-CT.

Concello: Ponteceso.

Nº predio

Concello

Lugar

Datos

catastrais

Titular

Data

Hora

1

Ponteceso

Monte

Minas

Polígono 14

Parcela 303

Descoñecido

4.12.2023

10.30