DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 6 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente BS611A 2022/2036-1.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase a persoa interesada que se sinala no dito anexo para proceder á notificación do acto administrativo de citación.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a dita persoa interesada, por si mesma ou a través da persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo Monelos, ala sur, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez practicada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións logo de resolución, que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 6 de outubro de 2023

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 36.2.1.e) do Decreto 124/2022, do 23 de xuño)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2022/2036-1

32754779L

Citación para o recoñecemento

14.9.2023