DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 23 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican resolucións ditadas no expediente 2016/106/15 e once máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que figuran no anexo as resolucións ditadas pola xefatura territorial nos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normas de aplicación.

Os expedientes constan no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, rúa Gregorio Hernández, 2-1º, onde as ditas persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer para o coñecemento íntegro dos actos administrativos e do resto dos expedientes, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representantes debidamente acreditadas, poderán interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña que por quenda lles corresponda, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, da Lei de axuizamento civil.

A Coruña, 23 de outubro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

Persoas interesadas

Data da resolución

Efectos da resolución

2016/106/15; 2019/10/15

44809387M; 49008241W

21.6.2021

Acordo medida administrativa

2021/211/15

Jeanneth Patricia Corral Delgado; Carlos Pose Pose

30.11.2021

Acordo medida administrativa

2012/157/15

Andrea Aguado Torreiro

7.3.2022; 28.3.2022

Acordo medida administrativa

2022/12/15

Gustavo Adolfo Recarey Pérez

31.3.2022

Acordo medida

administrativa

2022/23/15; 2022/24/15

Jessica Balseiro Ríos; Francisco Javier Rodríguez Perille

6.4.2022

Acordo medida administrativa

2005/AI/15/271

32618817X; 76418368V

8.3.2022

Acordo medida administrativa

2018/257/15

47376764F

21.3.2022

Acordo medida administrativa

2016/AI/15/115

32663571Y; 32668661J

25.3.2022

Acordo medida administrativa

2020/AI/15/13

47368513J; 47382747X

25.4.2022

Acordo medida administrativa

2023/186/15

54125636; 54380751B

14.9.2023

Acordo medida administrativa