En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos no mesmo, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral, acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos de Galeval-Asociación Empresarial de Alquiler de Vehículos con y sin Conductor de Galicia.
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: empresas dedicadas ao aluguer de automóbiles con e sen condutor tanto dedicadas ao aluguer a curto e longo prazo, renting ou leasing.
– Asinantes: Víctor Medialdea Ramos e Jesús Lurigados Veiga.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais