DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Randetour 2020, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 18 de outubro de 2023, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, relativo ao domicilio social da entidade Randetour 2020, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 5 de maio de 2023. O seu novo domicilio social é: rúa Colón , número 37, 2º, 36201, concello de Vigo, provincia de Pontevedra.

Vigo, 18 de outubro de 2023

José Antonio Rodríguez Fachado
Xefe territorial de Pontevedra