DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 23 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que coiden oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de outubro de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

33314088Z

33314088Z/31-07-2023/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34283140F

34283140F/29-03-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34321319Y

34321319Y/27-06-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34322162K

34322162K/15-03-2023/2.2.B

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

35698502H

35698502H/19-06-2023/2.2.B

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X2572100X

X2572100X/16-03-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34352237N

34352237N/05-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Monforte de Lemos