DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindes entre montes veciñais en man común (5 expedientes).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao Acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, que na sesión que tivo lugar o día 22 de xuño de 2023, acordou aprobar os seguintes deslindes entre montes veciñais, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

1. Monte veciñal en man común de Cadarnoxo, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cardarnoxo, concello de Boiro, e MVMC Barbanza de Camboño, pertencente á CMVMC de Camboño no concello de Lousame.

O 4.8.2022 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito presentado por Álvaro Castro Laíño, en nome e representación da CMVMC de Cadarnoxo, dirixido ao Xurado de Montes, no que se dá traslado da avinza realizada entre a CMVMC de Barbanza de Camboño e a CMVMC de Cadarnoxo. Achegan xunto coa solicitude a seguinte documentación: acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación 5/2023 levantada no Xulgado de Paz de Boiro e certificacións de aprobación por parte das asembleas de cada unha das comunidades implicadas.

O expediente de deslindamento foi tramitado, e informado polo Servizo de Montes, con data do 19.4.2023 de modo favorable, efectuando unha modificación nos vértices estremeiros (1 e 9) da liña de avinza para que estes cumpran coa Lei de montes de Galicia e non invadan o deslindamento dos montes veciñais en man común lindeiros.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar a avinza realizada entre a CMVMC de Barbanza de Camboño e a CMVMC de Cadarnoxo, respecto do seu lindeiro común nos termos indicados e segundo os planos topográficos achegados con ela e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes. Conformada polos seguintes vértices e as súas coordenadas UTM, referidos a sistema ETRS89/29N:

Vértice

X UTM

Y UTM

1

506.742,25

4.729.885,38

2

506.764,11

4.729.884,95

3

506.809,07

4.729.887,78

4

506.979,16

4.729.933,32

5

507.113,15

4.729.960,08

6

507.198,32

4.730.026,31

7

507.297,32

4.730.105,2

8

507.769,2

4.730.378,87

9

507.786,96

4.730.376,07

2. Monte veciñal en man común de Vilamor, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilamor, e MVMC de Vilouriz, pertencente á CMVMC de Vilouriz do concello de Toques.

O 29.9.2022 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito presentado por José Luis Abad Rodríguez, en nome e representación da CMVMC de Vilamor, dirixido ao Xurado de Montes, no que se dá traslado da avinza realizada entre a CMVMC de Vilamor e a CMVMC de Vilouriz. Achegan xunto coa solicitude a seguinte documentación: acta do deslindamento, memoria descritiva con planos topográficos, acta de conciliación 13/2021 levantada no Xulgado de Paz de Toques e certificacións de aprobación por parte das asembleas de cada unha das comunidades implicadas.

O 28.2.2023 o Servizo de Montes emite un informe favorable.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar a avinza realizada entre a CMVMC de Vilamor e a CMVMC de Vilouriz, do concello de Toques, respecto do seu lindeiro común nos termos indicados e segundo os planos topográficos achegados con ela e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes. Conformada polos seguintes vértices e as súas coordenadas UTM, referidos a sistema ETRS89/29N:

Vértice

X UTM

Y UTM

1

588.700,318

4.756.601,226

2

588.637,196

4.756.573,834

3

588.625,607

4.756.556,375

4

588.602,571

4.756.446,961

5

588.595,052

4.756.410,014

6

588.576,718

4.756.380,986

7

588.529,571

4.756.344,831

8

588.494,571

4.756.338,830

9

588.467,940

4.756.319,416

10

588.445,008

4.756.311,830

11

588.434,195

4.756.299,830

12

588.421,195

4.756.293,830

13

588.374,538

4.756.261,027

14

588.277,103

4.756.208,537

15

588.270,278

4.756.202,407

16

588.239,728

4.756.189,650

17

586.579,487

4.754.268,911

17a

586.552,707

4.754.276,836

18

586.598,462

4.754.227,838

19

586.640,107

4.754.185,742

20

586.686,680

4.754.177,869

21

586.725,150

4.754.157,569

22

586.818,342

4.754.141,402

23

586.823,765

4.754.154,649

24

586.840,180

4.754.158,378

25

586.856,811

4.754.174,035

26

586.874,327

4.754.191,315

27

586.882,543

4.754.187,387

28

586.930,307

4.754.195,877

29

586.955,411

4.754.192,399

29a

586.952,380

4.754.184,685

3. Monte veciñal en man común de Marina, Calzada e Agre, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Feás, do concello de Aranga, e MVMC de Recebés ou Costa do Sal, pertencente á CMVMC de Santa María de Ois do concello de Coirós.

O 28.9.2022 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito presentado por Juan José Platas Freire, en nome e representación da CMVMC de Marina, Calzada e Agre, dirixido ao Xurado de Montes, no que se dá traslado da avinza realizada entre a CMVMC de Feás, do Concello de Aranga e a CMVMC de Santa María de Ois, do concello de Coirós. Achegan xunto coa solicitude a seguinte documentación: acta do deslindamento, memoria descritiva con planos topográficos, acta de conciliación con data do 2.9.2022, levantada no Xulgado de Paz de Aranga e certificacións de aprobación por parte das asembleas de cada unha das comunidades implicadas.

O expediente de deslindamento foi tramitado, e logo dun requirimento efectuado á CMVMC promotora do deslindamento, co obxecto de corrixir as deficiencias detectadas, o Servizo de Montes, con data do 28.2.2023 emite informe favorable.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar a avinza realizada entre a CMVMC de Feás, do concello de Aranga e a CMVMC de Santa María de Ois, do concello de Coirós, respecto do seu lindeiro común nos termos indicados e segundo os planos topográficos achegados con ela e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes. Conformada polos seguintes vértices e as súas coordenadas UTM, referidos a sistema ETRS89/29N:

Vértice

X UTM

Y UTM

1

574.118

4.786.737

2

574.368

4.786.573

3

574.532

4.786.305

4

574.616

4.786.192

5

574.671

4.786.091

6

574.675

4.786.001

4. Monte veciñal en man común de Fieitoso e Coto do Castro, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Ourille, e MVMC de Paradela, pertencente á CMVMC de Paradela, no concello de Rianxo.

O 31.8.2021 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito presentado por José Francisco Sieira Redondo, en nome e representación da CMVMC de Ourille, dirixido ao Xurado de Montes, no que se dá traslado da avinza realizada entre a CMVMC de Ourille e a CMVMC de Paradela. Achegan xunto coa solicitude a seguinte documentación: acta do deslindamento, memoria descritiva con planos topográficos, acta de conciliación 13/2021 levantada no Xulgado de Paz de Rianxo e certificacións de aprobación por parte das asembleas de cada unha das comunidades implicadas.

O expediente de deslindamento foi tramitado, e logo dun requirimento efectuados á CMVMC promotora do deslindamento, co obxecto de corrixir as deficiencias detectadas, o Servizo de Montes, con data do 12.5.2023 emite informe favorable.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar a avinza realizada entre a CMVMC de Ourille e a CMVMC de Paradela, do concello de Rianxo, respecto do seu lindeiro común nos termos indicados e segundo os planos topográficos achegados con ela e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes. Conformada polos seguintes vértices e as súas coordenadas UTM, referidos a sistema ETRS89/29N:

Vértice

X UTM

Y UTM

1 (fito nº 6)

514.667,47

4.727.382,91

2

514.977,74

4.726.885,85

5. Monte veciñal en man común de Mieites, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mieites, e MVMC da Cuncheira, pertencente á CMVMC da Cuncheira, no concello de Boiro.

O 27.6.2022 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito presentado por María Luisa Alvaredo Castro, en nome e representación da CMVMC de Mieites, dirixido ao Xurado de Montes, no que se dá traslado da avinza realizada entre a CMVMC de Mieites e a CMVMC da Cuncheira. Achegan xunto coa solicitude a seguinte documentación: acta do deslindamento, memoria descritiva con planos topográficos, acta de conciliación 1/2023 levantada no Xulgado de Paz de Boiro e certificacións de aprobación por parte das asembleas de cada unha das comunidades implicadas.

O expediente de deslindamento foi tramitado, e o Servizo de Montes, con data do 2.3.2023 emite informe favorable.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar a avinza realizada entre a CMVMC de Mieites e a CMVMC da Cuncheira, do concello de Boiro, respecto do seu lindeiro común nos termos indicados e segundo os planos topográficos achegados con ela e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes. Conformada polos seguintes vértices e as súas coordenadas UTM, referidos a sistema ETRS89/29N:

Vértice

X UTM

Y UTM

1

509.699,72

4.726.799,56

2

509.506,83

4.726.679,63

3

509.380,43

4.726.621,14

A Coruña, 23 de outubro de 2023

O presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo