DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2023 Páx. 60789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 30 de outubro de 2023 polo que se acorda o alleamento, polo procedemento de poxa pública, de diversos bens inmobles situados nos concellos de Ribadumia, Lalín e Toledo.

Ás 10.00 horas do día 12 de decembro de 2023 terá lugar na sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), situado no Edificio Administrativo Igape no barrio de San Lázaro en Santiago de Compostela, ante a mesa presidida pola xerente, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral, un representante da Secretaría Xeral e do Patrimonio e un/a empregada/o pública/o da Subdirección de Recursos Humanos (RR.HH.) e Xestión Administrativa do Igape que actuará como secretaria/o, a poxa pública dos bens inmobles patrimoniais do Instituto Galego de Promoción Económica que se describen a continuación e dos que foi acordada o seu alleamento mediante a Resolución da directora xeral do 18 de outubro de 2023.

– Lote 1. Nave sita en Ribadumia (Pontevedra).

Natureza da finca: urbana.

Datos rexistrais: inscrito a nome do Igape no Rexistro da Propiedade de Cambados número 1, leira rexistral número 8.087, tomo 1339, libro 96 e folio 128. Superficie do terreo rexistrada de 8.692,25 m2. Superficie construída rexistrada da nave de 2.077,00 m2.

Referencia catastral: D70100100NH10F0001AF y 36046A001000020000YP.

Localización: rúa A Barca, nº 6 e 8, Sisán, Ribadumia (Pontevedra), código postal 36636.

Superficie: superficie do terreo rexistrada de 8.692,25 m2. Superficie construída: superficie rexistrada da nave de 2.077,00 m2.

Lindeiros: norte, río Umia; sur, estrada de Vilagarcía a Gondar; leste, Marisol Padín; e oeste, Camiño ao Río.

Descrición: nave dunha planta sobre rasante.

Tipo mínimo de licitación, primeira poxa: 518.891,28 €.

Tipo mínimo de licitación, segunda poxa: 441.057,59 €.

Tipo mínimo de licitación, terceira poxa: 374.898,96 €.

Tramos da poxa: 1.000 €.

Prezo do anuncio: estímase en 1.590,23 € (con IVE).

Se a primeira poxa quedase deserta, o lote poderá ofertarse sucesivamente en segunda e terceira poxa, o mesmo día e a continuación, cunha rebaixa no tipo mínimo de licitación dun 15 % en cada unha delas.

– Lote 2. Edificio con elementos de naves sito no polígono de Botos, Lalín (Pontevedra).

Natureza do predio: edificio industrial.

Datos rexistrais: inscrito a nome do Igape no Rexistro da Propiedade de Lalín, predio rexistral número 36.338, tomo 942, libro 350 e folio 123. Superficie do terreo rexistrada de 10.253,00 m2. Superficie construída rexistrada de 9.248,00 m2.

Referencia catastral: 0006506NH7200N0001DJ.

Localización: polígono industrial de Botos, nº 6, Lalín (Pontevedra), provincia de Pontevedra, código postal 36519.

Superficie do terreo: 10.253,00 m2; superficie construída: 9.248,00 m2.

Lindeiros: norte, rúa do Polígono e Metaldeza, S.A.; Sur, rúa do Polígono e Piensos Severiano; Leste, rúa do Polígono; e oeste, Prefabricados Deza, S.A.

Descrición: edificación industrial dividida interiormente en 10 naves de uso individualizado, distribuída en tres plantas, planta de soto, planta baixa e planta alta.

Tipo mínimo de licitación, primeira poxa: 2.089.678,08 €.

Tipo mínimo de licitación, segunda poxa: 1.776.226,37 €.

Tipo mínimo de licitación, terceira poxa: 1.509.792,42 €.

Tramos da poxa: 1.000 €.

Prezo do anuncio: estímase en 2.448,21 € (con IVE).

Se a primeira poxa quedase deserta, o lote poderá ofertarse sucesivamente en segunda e terceira poxa, o mesmo día e a continuación, cunha rebaixa no tipo mínimo de licitación dun 15 % en cada unha delas.

– Lote 3. Nave industrial sita no polígono de Benquerencia (Toledo).

Natureza do predio: urbana.

Datos rexistrais: Rexistrada a nome do Igape no Rexistro da Propiedade de Toledo 1, predio rexistral número 63.098, inscrito no libro 1.233, tomo 1.741, folio 118. Superficie do terreo rexistrada de 600,53 m2. Superficie construída rexistrada da nave de 800 m2.

Referencia catastral: 1252409VK2115A0001RJ.

Localización: rúa Muíño de Vento, nº 18, polígono industrial de Benquerencia, Toledo, código postal 45007.

Superficie do terreo: 600,53 m2 Superficie construída: 800,00 m2.

Lindeiros: norte, parcela número R-66B; sur, parcela número R-64A; leste, Rúa A-1; e oeste, Rúa C-3.

Descrición: nave industrial, en planta baixa e entreplanta.

Tipo mínimo de licitación, primeira poxa: 333.520,00 €.

Tipo mínimo de licitación, segunda poxa: 283.492,00 €.

Tipo mínimo de licitación, terceira poxa: 233.464,00 €.

Tramos da poxa: 1.000 €.

Prezo do anuncio: estímase en 1.888,27 € (con IVA).

Se a primeira poxa quedase deserta, o lote poderá ofertarse sucesivamente en segunda e terceira poxa, o mesmo día e a continuación, cunha rebaixa no tipo mínimo de licitación dun 15 % en cada unha delas.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do ben ante a Mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na conta do Igape na entidade Abanca, con núm. ES83 2080 0388 2731 1000 0584.

Serán por conta dos adxudicatarios os gastos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está ao dispor dos interesados na Subdirección de Recursos Humanos e Xestión Administrativa do Igape, no edificio Igape, Barrio de San Lázaro s/n Santiago de Compostela, así como na páxina web do Igape no enderezo: www.igape.es.

Teléfonos de información: 900815151 e 981541151.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica