DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2023 Páx. 60786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de outubro de 2023 polo que se somete ao trámite de información pública o anteproxecto de modificación da rede de drenaxe na PO-223 (Pontevedra), de clave PO/23/169.02, así como a relación individual de bens, dereitos e persoas propietarias afectadas polo proxecto.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 24 de outubro de 2023 realizouse a aprobación provisional do anteproxecto de modificación da rede de drenaxe na PO-223, de clave PO/23/169.02, no municipio de Pontevedra.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Que para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se someta ao trámite de información pública, durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, a relación individual de bens, dereitos e persoas propietarias afectadas pola realización da obra correspondente, para que as persoas afectadas presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Segundo. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra) e na casa do Concello de Pontevedra.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento, cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e persoas propietarias afectadas

Modificación da rede de drenaxe na PO-223, Pontevedra

Clave: PO/23/169.02

Concello de Pontevedra.

Ref. catastral

Políg.

Parc.

Propietario/s

DNI/NIF

Clase do solo
(catastro)

Clasificación urbanística

Sit. básica solo

Exprop.
(m2)

Bens afectados

Cantidade

Unidade

Descrición

1

36900A237001060000LL

237

20106

Fontenla Márquez, Antonia

***5219**

Agrario

S. non urbanizable común

Rural

138,00

3

ud.

Árbore ornamental/froiteira

Rodríguez Argibay, Ángel

***3050**

2

36900A237001050000LO

237

105

Alves Solla, Francisco (hros.)

***0481**

Agrario

S. non urbanizable común

Rural

174,00