DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2023 Páx. 60843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Arnoia

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tras intentar a notificación á persoa responsable sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello da Arnoia, mediante o presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte da persoa responsable que a continuación se indica da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/Polígono/Parcela

Persoa responsable

27.9.2022

32004A01300283

A Arnoia (San Salvador), A Arnoia, Ourense

013

00283

34619410V

27.9.2022

32004A02001217

A Arnoia (San Salvador), A Arnoia, Ourense

020

01217

34619808R

28.9.2022

32004A02300219

A Arnoia (San Salvador), A Arnoia, Ourense

023

00219

34618822G

28.9.2022

32004A02300280

A Arnoia (San Salvador), A Arnoia, Ourense

023

00280

34618822G

27.9.2022

32004A02400029

A Arnoia (San Salvador), A Arnoia, Ourense

024

00029

34902022M; 34544093W

27.9.2022

32004A02400573

A Arnoia (San Salvador), A Arnoia, Ourense

024

00573

34601529F

28.9.2022

32004A02500018

A Arnoia (San Salvador), A Arnoia, Ourense

025

00018

76746477P

29.9.2022

32004A02500604

A Arnoia (San Salvador), A Arnoia, Ourense

025

00604

34920031M

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección indicada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impor multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben efectuar a execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se deberá impor por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para realizar os traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello realizará a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se efectuará a súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada, que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por

execución subsidiaria

Estimación do prezo por ha

Liquidación provisional

2022/32004A01300283

32004A01300283

0,0338

2.056,00 €

69,44 €

2022/32004A02001217

32004A02001217

0,0409

2.056,00 €

84,09 €

2022/32004A02300219

32004A02300219

0,0026

2.056,00 €

5,25 €

2022/32004A02300280

32004A02300280

0,0085

2.056,00 €

17,56 €

2022/32004A02400029

32004A02400029

0,1600

2.056,00 €

328,87 €

2022/32004A02400573

32004A02400573

0,0186

2.056,00 €

38,28 €

2022/32004A02500018

32004A02500018

0,0107

2.056,00 €

21,94 €

2022/32004A02500604

32004A02500604

0,0058

2.056,00 €

11,85 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellaría con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Comisarase cautelarmente a madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

A Arnoia, 12 de setembro de 2023

Rodrigo Aparicio Santamaría
Alcalde