DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2023 Páx. 60847

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación para a execución da obra de mellora da mobilidade activa, accesibilidade e itinerarios escolares seguros na zona oeste do núcleo urbano de Arteixo.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o 18 de outubro de 2023, mediante Resolución da Alcaldía número 3145/2023, foi aprobado inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do proxecto de obra denominado Proxecto construtivo da mellora da mobilidade activa. Accesibilidade e itinerarios escolares seguros na zona oeste do núcleo urbano de Arteixo.

Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública por período dun mes, o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de maior circulación da provincia, así como á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Predio

Titularidade

Ref. catastral

Sup. total (m2)

Sup. exp. (m2)

1

9454501NH3995S0001AK

400,00

57,00

Hros. Manuel Muñiz Calvo

2

9454502NH3995S0001BK

309,00

42,50

María Celia Doldán García

3

9454705NH3995S0001OK

345,00

25,00

Juana López Rodríguez (50 %) Hros. Joaquín Leis Maceiras (50 %)

4

9454706NH3995S0001KK

355,00

42,30

Rubén Balbis Pardo, María Carmen Fraga Bolón

5

9454707NH3995S0001RK

333,00

34,00

Rubén Balbis Fraga Rubén Balbis Pardo (50 % usufruto) María Carmen Fraga Bolón (50 % usufruto)

6

9353808NH3995S0001BK

1.530,00

116,00

Adelina Fontal Vázquez

7

9353837NH3995S0001HK

1.722,00

103,00

Hros. Manuel Calvete Fontal

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3ª planta, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben tentada esta non se puido practicar, sirva esta de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 19 de outubro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21 de xuño)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural