DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de notificación da orde de realización dos traballos de xestión da biomasa.

De acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida efectuar a notificación, esta farase mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do concello, e conterá os datos catastrais da parcela.

As persoas responsables dispoñen dun prazo de quince días naturais para a realización dos traballos de xestión da biomasa nas parcelas indicadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Negociado de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, sito na praza de Armas, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entendérase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o órgano que a ditou nun prazo dun mes, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación, na forma prevista no artigo 46 da Lei 29/1988, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Referencia/nº de expediente

Referencia catastral

Acto notificado

Persoa interesada

INC 2/2021/257

2021032196

15037A50103875

Resolución do 3.7.2023

32577744S

Ferrol, 10 de outubro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 19.6.2023; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Tomé López
Concelleiro delegado da Área de Medio Ambiente,
Zona Rural, Servizos e Obras