DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60500

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de química (sopradura de vidro e cuarzo), en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2022.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 12 de decembro) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de química (sopradura de vidro e cuarzo), grupo III, pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de química (sopradura de vidro e cuarzo), a persoa que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***6181**

Ameneiro Martínez, Darío