DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 18 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varias persoas interesadas a modificación da solicitude de declaración de utilidade pública relativa ao parque eólico A Ruña II, sito no concello de Mazaricos (A Coruña) e promovido pola sociedade Eurus Desarrollos Renovables, S.L. (expediente IN661A-2010/010-1).

A empresa Eurus Desarrollos Renovables, S.L., solicitou a declaración de utilidade pública para o parque eólico A Ruña II ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e para os efectos do artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico. O 9 de xuño de 2023, Eurus Desarrollos Renovables, S.L. achegou a relación de bens e dereitos afectados actualizada de acordo coa nova configuración catastral da zona afectada polo parque eólico, cos datos de titularidade actuais e coas modificacións do proxecto derivadas da tramitación. Efectuáronse notificacións para poñer en coñecemento das persoas interesadas estas modificacións.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de persoas interesadas descoñecidas, de domicilio ignorado ou non notificados, coa identificación das parcelas afectadas

Acto que se notifica: modificación da solicitude de declaración de utilidade pública.

Expediente: parque eólico A Ruña II (IN661A-2010/010-1).

Solicitante: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.

Persoa interesada

Número de parcela do proxecto

Datos catastrais

Referencia catastral

Concello

Polígono

Parcela

Amable María Cambeiro López

46a

15046A40600154

Mazaricos

406

154

Amable María Cambeiro López

46b

15046A40600155

Mazaricos

406

155

Antonio Caamaño Alvela

6b

15046A03200012

Mazaricos

32

12