DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do acto de ocupación e de requirimento de follas de valoración por expropiación, nos concellos de Brión, Padrón, Rois e Teo (expediente IN407A 2010/268-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase do acto de ocupación e de requirimento das follas de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os bens e os dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, nos concellos de Brión, Padrón, Rois e Teo (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

As persoas interesadas poden solicitar información sobre este acto na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións, chamando aos teléfonos 981 18 23 78 e 981 18 49 11, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Quen o precise, pode contactar con Red Eléctrica de España, S.A.U. como beneficiaria da expropiacion para obter maior información. O teléfono de contacto é o 981 01 45 00, Departamento de Tramitacións, Delegación da Coruña.

As persoas expropiadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para chegar a un acordo económico con Red Eléctrica. Cumprido ese prazo, terán outro de vinte días hábiles para presentar a súa folla de valoración.

A Coruña, 19 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Concello

Titular proposto

Predios

Motivo

Brión

Basadre Villar, Vicente

268; 272; 289; 317; 326

Notificación infrutuosa

Brión

Hros. de Quintela Fernández, Carmen

115; 197

Notificación infrutuosa

Brión

García Manteiga, Pilar

55-2

Notificación infrutuosa

Brión

Hros. de Framil Sorribas, Manuel

348-6

Notificación infrutuosa

Rois

Nimo Vidal, María Agripina

118

Notificación infrutuosa

Padrón

Ruibal Piñeiro, Jesús e outros

18

Notificación infrutuosa

Rois

Fabeiro Martínez, Josefa América

384; 386

Notificación infrutuosa

Teo

Hros. de Mariño Ríos, Rosa

36

Notificación infrutuosa

Teo

Romero Castro, Andrés

41

Notificación infrutuosa

Teo

Goldar Tourís, Manuel

49

Notificación infrutuosa

Teo

Crespo Fernández, Concepción

63

Notificación infrutuosa

Teo

Hros. de Crespo Fernández, María

27

Notificación infrutuosa

Teo

López Mariño, Ramón

29; 38

Notificación infrutuosa

Teo

Neo Pérez, Germán

345

Notificación infrutuosa

Teo

Alfonso Gómez, Serafín

30

Notificación infrutuosa

Teo

Seage Noya, Ventura

31

Notificación infrutuosa

Teo

Seage Noya, Eulogia

32

Notificación infrutuosa

Teo

Noya, Teresa

40

Notificación infrutuosa

Teo

Seage Noya, Ramona

33

Notificación infrutuosa