DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2023 pola que se aproba inicialmente e se somete a información pública o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial de Meira-Lugo (Polígono C).

Antecedentes de feito:

Primeiro. A Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo aprobou definitivamente o Plan xeral de ordenación urbana de Meira en sesión que tivo lugar o día 29 de decembro de 1977 (BOP do 21 de febreiro de 1977).

Segundo. O 28 de xullo de 1992, a citada comisión acordou aprobar definitivamente o Plan parcial do parque empresarial de Meira (BOP Lugo, do 17 de setembro). O dito plan dividiu o parque empresarial en tres polígonos de actuación, dos cales a día de hoxe están executados os polígonos A e B e queda, polo tanto, por executar o Polígono C. Esta aprobación definitiva levaba implícita a declaración da utilidade pública e interese social das obras, instalacións e servizos previstos, así como a necesidade de ocupación, para os efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución.

Terceiro. O 26 de xullo de 1994, a comisión aprobou definitivamente a modificación puntual primeira do Plan parcial do parque empresarial de Meira (BOP Lugo, do 10 de agosto). Isto implicou a introdución de cambios puntuais por razóns técnicas e pola necesidade de dar acollida a unha empresa láctea de transcendental importancia para o concello de Meira, que deu lugar a unha redución de superficie do Polígono C en beneficio do Polígono A.

Cuarto. Xestión de Solo de Galicia-Xestur, S.A. (en diante, Xestur Galicia, S.A.), que actúa como promotor do citado parque empresarial, formulou o 15 de novembro de 2022 para a súa tramitación ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) o proxecto de expropiación dos terreos, bens e dereitos necesarios para a execución da ampliación do parque empresarial de Meira-Lugo (Polígono C) redactado pola empresa Sial Ingeniería, S.L. Na citada expropiación actúa como Administración expropiante o IGVS, en beneficio de Xestur Galicia, S.A., segundo prevé o artigo 5 do Regulamento de expropiación forzosa (Decreto do 26 de abril de 1957).

Quinto. O proxecto foi informado polo Servizo de Planificación e Ordenación do Solo da Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade con data do 29 de setembro de 2023.

Consideracións legais:

Primeira. O procedemento do expediente expropiatorio para a execución do Polígono C da modificación puntual primeira do Plan parcial do parque empresarial de Meira-Lugo iníciase en virtude da antedita aprobación definitiva e de conformidade cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, en que establecen que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abarcará todos os bens e dereitos neles incluídos.

Segunda. O IGVS goza de potestade expropiatoria forzosa, en virtude do artigo 4.2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS.

Terceira. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016.

Cuarta. O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016; 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015; e artigo 290 e seguintes do Decreto 143/2016.

Quinta. Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo coa normativa previamente citada. Este proxecto tramitarase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación polo IGVS dos bens e dereitos necesarios para a execución do Polígono C da modificación puntual primeira do Plan parcial do parque empresarial de Meira-Lugo, e Xestur Galicia, S.A. ten a condición de beneficiaria da expropiación.

Sexta. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é o órgano competente para asinar a presente resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.2.k) do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS.

De conformidade co previsto no artigo 118.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

ACÓRDASE:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Polígono C da modificación puntual primeira do Plan parcial do parque empresarial de Meira-Lugo.

Segundo. Someter a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, os citados proxectos de expropiación forzosa, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, darase audiencia ao Concello de Meira e notificarase ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda e, para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Igualmente, o expediente estará exposto polo prazo dun mes á disposición das persoas interesadas no Concello de Meira e nas oficinas da Área Provincial do IGVS en Lugo, sitas na avenida Ramón Ferreiro, 28, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, ademais da páxina web do IGVS, http://igvs.xunta.gal/

Durante o antedito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas dirixidas á Área Provincial do IGVS en Lugo, no enderezo avenida Ramón Ferreiro, 28, 27002 Lugo, así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Terceiro. Notificar individualmente as valoracións ás persoas que aparecen como titulares de bens e dereitos nos expedientes, mediante traslado literal da correspondente folla de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Incorpórase como anexo a relación inicial de bens, dereitos e titulares.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación inicial de bens, dereitos e titulares do proxecto de expropiación para a ampliación do parque empresarial de Meira-Lugo (Polígono C)

Núm. de orde

Referencia catastral

Persoas titulares

Superficie (m2)

Afección

1

27029A02900133

Gra do País, S.L.

31,00

Parcial

2

27029A02900134

Gra do País, S.L.

54,00

Parcial

3

27029A02900135

Gra do País, S.L.

419,00

Parcial

4

27029A02900139

Leonardo Torres López
e Josefa Feijoo Pérez

186,00

Parcial

5

27029A02900140

Gra do País, S.L.

307,00

Parcial

6

27029A02900141

Gra do País, S.L.

1.007,00

Parcial

7

27029A02900142

Gra do País, S.L.

1.146,00

Parcial

8

27029A02900143

Gra do País, S.L.

3.224,00

Parcial

9

27029A02900144

Gra do País, S.L.

1.376,00

Parcial

10

27029A03000065

Gra do País, S.L.

2.765,00

Parcial