DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60350

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso por promoción interna e mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H), mediante a Orde do 19 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de maio, e por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e de conformidade coa disposición adicional única da dita Orde do 19 de abril de 2023, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H) coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 19 de outubro de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas da categoría de oficial de policía local de Galicia por promoción interna e mobilidade

Tribunal titular:

Presidencia: María del Carmen Rebolledo Olmedo, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretario: Juan Puente Rapela, inspector principal do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

Vogais:

– Javier Teijido López, policía no corpo da Policía Local do Concello de Santiago.

– Mercedes Gayoso Gómez, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección.

– Francisco Carro Rey, inspector do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

Tribunal suplente:

Presidencia: Amara García Senín, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Maria Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Vogais:

– José Noya Vázquez, oficial no corpo da Policía Local do Concello de Santiago.

– Andrés González Murga, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.

– Mónica Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública.