DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60177

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas en relación con diversas actuacións referidas ao proxecto e á execución da obra do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (Concello de San Cibrao das Viñas), actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas en relación con diversas actuacións referidas ao proxecto e á execución da obra do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (Concello de San Cibrao das Viñas), actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU que ten as seguintes características:

1.1. Obxecto: esta encomenda terá por obxecto a realización, respecto do proxecto e da execución da obra do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (Concello de San Cibrao das Viñas), das seguintes actuacións:

• A elaboración dos proxectos relativos á actuación referida.

• A elaboración, de ser o caso, de acordo co establecido no artigo 235 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, dos informes de supervisión dos referidos proxectos, así como a realización, de acordo co establecido no artigo 236 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, das actas de implantación dos referidos proxectos.

• A elaboración dos informes de carácter técnico que en relación co procedemento de adxudicación dos contratos de obra relativos a esta actuación sexan solicitados polo órgano encomendante.

• A dirección de execución das obras obxecto do referido contrato.

• A redacción dos pregos de prescricións técnicas particulares, a emisión dos informes técnicos que sexan precisos en relación co procedemento de adxudicación dos contratos accesorios relativos a esta actuación e sexan solicitados polo órgano encomendante, así como a realización da dirección de execución dos servizos complementarios correspondentes a esta obra.

Os correspondentes documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

1.2. Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ser a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a AXI órganos pertencentes á mesma consellería con personalidade xurídica propia.

1.3. Prazo de vixencia: esta encomenda estará vinculada á execución do contrato das obras referenciadas e finalizará, en todo caso, antes do 31 de decembro de 2025.

1.4. Supostos de finalización anticipada: por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

1.5. Taxas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos que vaian prestar en desenvolvemento desta.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023

María Pilar Arias Graña
Secretaria xeral técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade