DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60354

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2023 pola que se nomean as persoas seleccionadas no proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo nas prazas de titulado/a superior investigador/a, adscritas ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e doutor/a investigador/a, adscritas ao Centro de investigacións Agrarias de Mabegondo, referenciadas no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro de 2022 publicouse o Anuncio do 28 de decembro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, de dúas prazas de titulado/a superior investigador/a (grupo I, categoría IV), adscritas ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e as dúas de doutor/a investigador/a (grupo I, categoría IV), adscritas ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

O prazo de presentación de solicitudes, de 20 días hábiles, iniciouse o 16 de xaneiro de 2023, ás 0.00 horas, e rematou o 10 de febreiro de 2023, ás 23.59 horas. Transcorrido este prazo, de acordo coa prescrición do artigo 7 das bases, o 1 de marzo de 2023 publicouse a lista provisional de admitidos e excluídos, así como a lista de aspirantes pendentes de acreditar a posesión do título Celga 4, e abríuse un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación, para a presentación de emendas. Rematado o prazo outorgado sen constar ningunha emenda, o 30 de marzo de 2023 publicouse a lista definitiva.

O 12 de maio de 2023, publicouse a Resolución do 2 de maio de 2023, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pola que se nomean os membros das comisións de selección das prazas de persoal laboral adscritas á Axencia Galega da Calidade Alimentaria, referenciadas no anexo I do Decreto 79/2022, e identifícanse unha Comisión A, para a selección da persoa que ocupará a praza da xefatura de negociado (grupo III, categoría II), adscrita á Xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Santiago de Compostela), e outra Comisión B, para a selección das persoas que ocuparán as dúas prazas de titulado/a superior investigador/a (grupo I, categoría IV), adscritas ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e as dúas de doutor/a investigador/a (grupo I, categoría IV), adscritas ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

O 21 de xullo de 2023, publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 3 de xullo de 2023, da comisión de selección designada para cualificar o proceso selectivo, mediante o procedemento de concurso, para os postos de titulado/a superior investigador/a, adscritos ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e de doutor/a investigador/a, adscritos ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

O 17 de xullo de 2023, MMG e JFC presentan conxuntamente recurso de alzada perante o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria fronte á Resolución do 3 de xullo de 2023. O 21 de agosto de 2023, en cumprimento do artigo 118.2 da Lei 39/2015, deuse traslado do recurso aos restantes interesados no procedemento. Presentan alegacións RDV o 8 de setembro de 2023 e PFO o 28 de agosto de 2023. O 19 de outubro de 2023 notifícase a resolución pola que se desestima o recurso.

O 18 de agosto de 2023, CFO presenta recurso de alzada perante o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria fronte á Resolución do 3 de xullo de 2023. O 23 de agosto de 2023, en cumprimento do artigo 118.2 da Lei 39/2015, deuse traslado do recurso aos restantes interesados no procedemento. Presentan alegacións LCR o 7 de setembro de 2023, TML o 8 de setembro de 2023 e JIGS o 9 de setembro de 2023.

O 19 de outubro de 2023, notifícase a resolución pola que se estima parcialmente o recurso e se acepta a non conformidade coas bases da convocatoria da aceptación do tempo de traballo acreditado por TML na Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, por non constituír unha vinculación temporal.

O 21 de agosto de 2023 PFP presenta recurso de alzada perante o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria fronte á Resolución do 3 de xullo de 2023. O 21 de agosto de 2023, en cumprimento do artigo 118.2 da Lei 39/2015 deuse traslado do recurso aos restantes interesados no procedemento. Presentan alegacións RDV o 8 de setembro de 2023 e MMG/JFC o 7 de setembro de 2023. O 19 de outubro de 2023 notifícase a resolución pola que se desestima o recurso.

Por todo o exposto, no exercicio das competencias previstas no artigo 19 do Decreto 52/2018 polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos

RESOLVO:

Primeiro. Puntuación dos procesos

Publicar as puntuacións definitivas do concurso do proceso selectivo para os postos de titulado/a superior investigador/a, adscritos ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, recollidas no anexo I, e de doutor/a investigador/a, adscritos ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, recollidas no anexo II.

Segundo. Nomeamentos

Nomear a María Eugenia Miranda Fontaíña, DNI 524******, e a Raquel Díaz López, DNI *****776*, como persoal laboral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria nas prazas da titulado/a superior investigador/a, adscrito ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Nomear a Teresa Moreno López, DNI **841****, e a Laura Campo Ramírez, DNI *****013*, como persoal laboral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria nas prazas de doutor/a investigador/a, adscrito ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Terceiro. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Impugnación

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, perante o presidente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO I

CIF Lourizán.

Aspirante

Agacal

Outros centros

Exp.

SCI

Non SCI

Congresos

Patentes

Result.

Galego

Probas

Puntos

Días

Meses

Puntos

Días

Meses

Puntos

Puntos

Puntos

Puntos

Puntos

Celga 5

SLA

Puntos

Puntos

Raquel Díaz Vázquez

8.286

276

82,80

 

0

0

70

16

32

7

7

17

8,5

0

0

20

0

0

0

0

0

90,00

Eugenia Miranda fontaíña

11.372

379

113,70

 

0

0

70

5

10

12

12

29

14,5

0

0

20

0

0

0

0

0

90,00

Pilar Furones Pérez

2.964

99

29,70

1.064

35

4,375

34,08

2

4

6

6

10

5

0

0

15

0

0

0

0

0

49,08

Esteban Gómez García

2.221

74

22,20

1.808

60

7,5

29,70

22

44

15

15

27

13,5

3

6

20

0

0

0

0

0

49,70

María Menéndez Gutiérrez

3.393

113

33,90

 

0

0

33,90

6

12

5

5

16

8

0

0

20

0

0

0

0

0

53,90

Javier Fernández Cruz

3.411

114

34,20

 

0

0

34,20

7

14

3

3

9

4,5

0

0

20

0

0

0

0

0

54,20

Raúl de la Mata Pombo

1.078

36

10,80

3.207

107

13,38

24,18

12

24

6

6

14

7

0

0

20

0

0

0

0

0

44,18

Jorge Santos Ucha

0

0

0,00

3.284

109

13,63

13,63

21

42

0

0

10

5

0

0

20

0

0

0

0

0

33,63

ANEXO II

CIAM.

Aspirante

Agacal

Outros centros

Exp.

SCI

Non SCI

Congresos

Patentes

Result.

Galego

Probas

Puntos

Días

Meses

Puntos

Días

Meses

Puntos

Puntos

Puntos

Puntos

Puntos

Celga 5

SLA

Puntos

Puntos

Cristina Fernández Otero

3.635

121

36,30

2.512

84

10,5

46,80

9

18

7

7

21

10,5

7

14

20

0

0

0

0

0

66,80

José Ignacio Garabal Sánchez

3.215

107

32,10

1.836

61

7,625

39,73

36

72

16

16

46

23

1

2

20

0

0

0

0

0

59,73

Laura Campo Ramírez

4.429

148

44,40

1.003

33

4,125

48,53

12

24

5

5

14

7

0

0

20

0

0

0

0

0

68,53

Pilar Gago Montaña

0

0

0,00

3.278

109

13,63

13,63

36

72

19

19

26

13

0

0

20

0

0

0

0

0

33,63

Teresa Moreno López

5.075

169

50,70

0

0

0,00

50,70

20

40

9

9

31

15,5

0

0

20

0

0

0

0

0

70,70

Thais Sieiro Sampedro

0

0

0,00

1.380

46

5,75

5,75

9

18

0

0

12

6

0

0

20

0

0

0

0

0

25,75