DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60358

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2023 pola que se nomea a persoa seleccionada no proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo na praza de xefatura de negociado referenciada no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e se propón a persoa seleccionada.

No Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro de 2022 publicouse o Anuncio do 28 de decembro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, dunha praza de xefe/a de negociado (categoría 002 do grupo III) con destino na xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O prazo de presentación de solicitudes, de 20 días hábiles, iniciouse o 16 de xaneiro de 2023, ás 00.00 horas, e rematou o 10 de febreiro de 2023 ás 23.59 horas. Transcorrido este prazo, de acordo coa prescrición do artigo 7 das bases, o día 1 de marzo de 2023 publicouse a lista provisional de admitidos e excluídos, así como a lista de aspirantes pendentes de acreditar a posesión do título Celga 4, e abríuse un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación, para a presentación de emendas. Rematado o prazo outorgado sen constar ningunha emenda, o 30 de marzo de 2023 publicouse a lista definitiva.

O 12 de maio de 2023 publicouse a Resolución do 2 de maio de 2023, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pola que se nomean os membros das comisións de selección das prazas de persoal laboral adscritas á Axencia Galega da Calidade Alimentaria, referenciadas no anexo I do Decreto 79/2022, e identifícanse unha Comisión A, para a selección da persoa que ocupará a praza da xefatura de negociado (grupo III, categoría II), adscrita á Xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Santiago de Compostela), e outra Comisión B, para a selección das persoas que ocuparán as dúas prazas de titulado/a superior investigador/a (grupo I, categoría IV), adscritas ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e as dúas de doutor/a investigador/a (grupo I, categoría IV), adscritas ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

O 16 de xuño de 2023, a presidencia da Comisión A asina a resolución pola que se comunican as puntuacións definitivas do concurso para a selección da persoa que ocupará a praza da xefatura de negociado e se propón a selección da única candidata admitida.

Por todo o exposto, o presidente da Axencia, no exercicio das competencias previstas no artigo 13 do Decreto 52/2018, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos,

RESOLVE:

Primeiro. Puntuación definitiva

Publicar as puntuacións definitivas do concurso do proceso selectivo para ocupar o posto de persoal laboral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria na praza da xefatura de negociado (grupo III, categoría II), adscrita á xerencia da Axencia (Santiago de Compostela), que se recollen no anexo I.

Segundo. Nomeamento

Nomear a Susana Camino Monje Santos, DNI ****915**, como persoal laboral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria na praza da xefatura de negociado (grupo III, categoría II), adscrita á xerencia da Axencia (Santiago de Compostela).

Terceiro. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Impugnación

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, perante o presidente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Experiencia

Formación

Total

1A)

1B)

Cursos

Galego

Monje Santos, Susana Camino

****915**

51

5,75

20

5

81,75