De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo que se sinala no anexo.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. Poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o citado prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
A Coruña, 19 de outubro de 2023
Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Núm. de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-0750/2023-PPM |
32752902M |
Comunicación |
R/ Ribeira Sacra, 21, 8º B, Mesoiro-Elviña, 15190 A Coruña |
PSC-CO-0804/2023-PPM |
52936116Y |
Comunicación |
Camiño Real, 14, Ribeiriña, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña) |