DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de outubro de 2023 polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de trazado da pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, Ourense, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido (clave OU/22/163.06).

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 18 de outubro de 2023, realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado da pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, Ourense, de clave OU/22/163.06, no municipio de Ourense, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado da pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, Ourense, de clave OU/22/163.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, se é o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, 1, 32071 Ourense) e na Casa do Concello de Ourense.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, Ourense

Clave OU/22/163.06

Concello de Ourense.

Ref. catastral

Políg.

Parc.

Propietario

DNI

Clase de solo
(catastro)

Clasificación urbanística

Situación básica
do solo (RDL 7/2015

Exprop. (m2)

Ocupación
temporal (m2)

1

32900A12800159

128

159

Antonio García Rodríguez

***7561**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

31,00

70,00

2

32900A12800001

128

1

Antonio García Rodríguez

***7561**

Rústico

S. rústico de protección ordinaria

Rural

6,00

162,00