DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59361

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023 pola que se fai público o nomeamento do posto de Subdirección de Promoción Internacional e Rural Intelixente convocado pola Resolución do 8 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 152).

Primeiro. Que mediante a Resolución do 8 de xuño de 2023 (DOG núm. 152), convocouse a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Segundo. O 21 de setembro de 2023 constituíuse o tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Subdirección de Promoción Internacional e Rural Intelixente, nomeado pola Resolución da Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 30 de xuño de 2023.

Terceiro. O 19 de outubro de 2023, o tribunal acordou conceder as seguintes puntuacións definitivas:

Fase

Puntuación máxima

Puntuación obtida

Candidato

Fase A

55

47

Jorge Blanco Ballón

Fase B

5

4

Total

60

51

Cuarto. Ao ser Jorge Blanco Ballón o único candidato e á vista das puntuacións obtidas, o tribunal considerou o candidato apto e propúxoo para o seu nomeamento como subdirector de Promoción Internacional e Rural Intelixente, do que deu traslado á Presidencia da Axencia para os efectos oportunos.

Quinto. Segundo o disposto no Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega, do 11 de xullo de 2007 (DOG núm. 134, do 24 de xullo), sobre delegación de competencias na Presidencia e na Dirección Xeral, delégase na persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural o acordo e formalización dos contratos do persoal de alta dirección da Axencia en relación coa función regulada no artigo 6.1.f) do Regulamento da entidade.

Así no exercicio desta competencia resolvo esta convocatoria; e a persoa seleccionada para o desempeño do posto de traballo referenciado é a que se expresa no anexo desta resolución.

Sexto. O vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, no Decreto 11/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector publico autonómico de Galicia.

A persoa titular da subdirección estará suxeita ao réxime de incompatibilidades establecido na normativa estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal ao seu servizo.

Sétimo. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023

José González Vázquez
Presidente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Apelido e nome: Blanco Ballón, Jorge Manuel.

Denominación do posto: subdirector de Promoción Internacional e Rural Intelixente.

código: AGDR 02 00 00.

Directivo: grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: alta dirección.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro; Decreto 119/2012, do 3 de maio).

Dependencia: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Localidade: Santiago de Compostela.