DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59364

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023 pola que se fai público o nomeamento do posto de subdirector/a de Mobilidade de Terras convocado pola Resolución do 8 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 152).

Primeiro. Que mediante Resolución do 7 de xuño de 2023 (DOG núm. 107), convocouse a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Segundo. O 21.9.2023 constituíuse o tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Subdirección de Mobilidade de Terras, nomeado pola Resolución da Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 30.6.2023.

Terceiro. O 19.10.20203 o tribunal acordou conceder as seguintes puntuacións definitivas:

Fase

Puntuación máxima

Puntuación obtida

Candidato

Fase A

55

43

Digna Irene López Campos

Fase B

5

4,8

Total

60

47,8

Cuarto. Sendo Digna Irene López Campos a única candidata e á vista das puntuacións obtidas, o tribunal considerou a candidata apta e propúxoa para o seu nomeamento como subdirectora de Mobilidade de Terras, do cal deu traslado á Presidencia da Axencia para os efectos oportunos.

Quinto. Segundo o disposto no Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega, do 21 de xuño de 2007 (DOG núm. 134, do 11 de xullo), sobre delegación de competencias na Presidencia e na Dirección Xeral, delégase na persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural o acordo e formalización dos contratos do persoal de alta dirección da Axencia en relación coa función regulada no artigo 6.1.f) do Regulamento da entidade.

Así, no exercicio desta competencia, resolvo esta convocatoria e a persoa seleccionada para o desempeño do posto de traballo referenciado é a que se expresa no anexo desta resolución.

Sexto. O vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección, ao amparo do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, no Decreto 11/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector publico autonómico de Galicia.

A persa titular da subdirección estará suxeita ao réxime de incompatibilidades establecido na normativa estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal ao seu servizo.

Sétimo. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023

José González Vázquez
Presidente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Apelido e nome: López Campos, Digna Irene.

Denominación do posto: subdirectora de Mobilidade de Terras.

código: AGDR 05 00 00.

Directivo: grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: alta dirección

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, Decreto 119/2012, do 3 de maio).

Dependencia: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Localidade: Santiago de Compostela.