DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59132

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 24 de outubro de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a folga convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) na UTE Galicia XG-811, concesionaria do contrato de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral XG-811, e nas empresas que a compoñen, para os días 31 de outubro, 6 e 7 de novembro, folga que será indefinida a partir do día 13 de novembro.

O exercicio da folga por parte dos traballadores para a lexítima defensa dos seus intereses é un dereito fundamental recoñecido pola Constitución no seu artigo 28.2. O seu respecto e protección resulta esencial para o correcto funcionamento dun estado democrático, en que se deben garantir todos os mecanismos de expresión da soberanía popular. Non obstante o anterior, o exercicio dese dereito debe cohonestarse co respecto ao resto dos dereitos constitucionalmente establecidos e coa garantía de acceso da comunidade aos servizos considerados esenciais.

No sector do transporte, os servizos que se prestan teñen un carácter esencial para a cidadanía en canto que supoñen unha ferramenta básica para o exercicio doutros dereitos, como son os de libre circulación dentro do territorio nacional (artigo 19 da Constitución), á educación (artigo 27) e ao traballo (artigo 35). Desta maneira, a garantía dunha mínima mobilidade da cidadanía durante a xornada de folga convértese nunha demanda do interese xeral que debe ser atendida pola Administración no ámbito das competencias que ten atribuídas.

O 9 de outubro de 2023, o sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG) comunicou a convocatoria de folga para os días 31 de outubro, 6 e 7 de novembro, que será indefinida a partir do día 13 de novembro, na UTE Galicia XG-811, concesionaria do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral XG-811: norte da comarca de Bergantiños e termo municipal de Camariñas, así como nas empresas que a compoñen (Vehículos Costa, S.L., Autocares Pedro Pombo, S.L., Autocares J. Pombo, S.L., Autocares González Rodríguez, S.L., Autocares Rey Varela, S.L., Facal Bus, S.L., Autocares Facal, S.L., Autocares López e Hijo, S.L., Autos Fondo e Hijos, S.L., Autocares Ferrín Costa, S.L., Autocares Meijide, S.L. e Transportes Cotelo, S.L.).

A indicada convocatoria afecta o ámbito territorial do contrato XG-811: norte da comarca de Bergantiños e termo municipal de Camariñas, os/as traballadores/as que prestan servizos para a indicada empresa e os seus lugares de traballo, no ámbito do contrato da concesión XG-811.

No marco das competencias atribuídas á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no sector do transporte, é preciso distinguir:

A) Servizos públicos de transporte regular de uso xeral: está afectada pola folga a concesión de servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada de uso xeral XG-811: norte da comarca de Bergantiños e termo municipal de Camariñas, da cal é concesionaria a UTE Vehículos Costa, S.L.; Autocares Pedro Pombo, S.L.; Autocares J. Pombo, S.L.; Autocares López e Hijo, S.L.; Autos Fondo e Hijos, S.L.; Autocares González Rodríguez, S.L.; Autocares Ferrín-Costa, S.L.; Autocares Facal, S.L.; Facal Bus, S.L.; Autocares Rey Varela, S.L.; Autocares Meijide, S.L. e Transportes Cotelo, S.L. (abreviadamente, UTE Galicia XG-811).

Dentro da regulación dos servizos mínimos do servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros/as por estrada diferéncianse, por unha banda, os servizos correspondentes ás expedicións integradas, nos cales existe unha reserva de praza a favor de escolares en aplicación da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, e en que se establecen como servizos mínimos as expedicións cunha lonxitude superior a catro quilómetros.

Por outra banda, respecto do resto de expedicións non integradas, diferéncianse as de lonxitude inferior a vinte e cinco quilómetros, nas cales nas franxas horarias da primeira e última hora do día, das 6.00 ás 9.00 horas e das 18.00 ás 21.00 horas, se establece como servizos mínimos o cincuenta por cento das expedicións existentes, e as expedicións non integradas de lonxitude superior a vinte e cinco quilómetros, con orixe ou destino nalgunha das sete cidades, mantense unha expedición de ida e outra de volta nos servizos con saída anterior ás 14.00 horas e posterior ás 18.00 horas.

Tendo en conta que a convocatoria se efectúa para diferentes días da semana e, finalmente, de xeito indefinido, e que a explotación dos servizos de transporte varía duns días a outros, no anexo desta orde establécese o calendario de servizos mínimos que se van prestar nos diferentes días da semana. Distínguese entre os servizos para prestar os luns (L), os martes (M), os mércores (Mc), os xoves (X), os venres (V), os sábados (S) e os domingos (D).

B) Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares/traballadores/as: dado que a convocatoria afecta os/as traballadores/as que prestan servizo na UTE XG-811 e empresas integrantes dela, no lote XG-811 e todos os seus lugares de traballo neste mesmo lote, non se verán afectados os servizos de transporte público regular de uso especial de escolares nin de traballadores/as, polo que non é preciso establecer servizos mínimos para eles.

O Comité de Folga foi convocado o día 24 de outubro de 2023 a unha xuntanza para analizar a proposta de servizos mínimos, pero esta non tivo lugar ao non acudiren os representantes da entidade sindical convocante.

As circunstancias apuntadas, a garantía de dereitos vinculados coa mobilidade, como o acceso á educación, ao traballo e a propia liberdade de circulación, son as que levan a establecer os servizos mínimos concretados na presente orde, dirixidos a garantir a mínima prestación de servizos que posibilite o exercicio daqueloutros dereitos esenciais, compatibilizando así o contido esencial de todos os dereitos en conflito.

Na súa virtude, por proposta da Dirección Xeral de Mobilidade,

DISPOÑO:

Artigo único. Servizos mínimos

Durante a folga convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) na UTE Galicia XG-811, así como nas empresas que a compoñen (Vehículos Costa, S.L., Autocares Pedro Pombo, S.L., Autocares J. Pombo, S.L., Autocares González Rodríguez, S.L., Autocares Rey Varela, S.L., Facal Bus, S.L., Autocares Facal, S.L., Autocares López e Hijo, S.L., Autos Fondo e Hijos, S.L., Autocares Ferrín-Costa, S.L., Autocares Meijide, S.L. e Transportes Cotelo, S.L.), para os días 31 de outubro, 6 e 7 de novembro, folga que será indefinida a partir do día 13 de novembro de 2023, terán a consideración de servizos mínimos os servizos públicos de transporte regular de uso xeral que se indican no anexo desta orde.

As empresas de transporte darán a máxima difusión dos servizos concretos que resulten afectados por esta orde ás persoas usuarias a través daqueles medios que permitan o seu coñecemento e, en todo caso, nos propios vehículos, con antelación ao inicio e durante a folga.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Calendario

Código de expedición

Nome da ruta

Sentido

Hora de saída

Hora de chegada

Integrada

LMMcXV

XG81101301003

Ponte do Porto-Arou

Volta

9.00

9.20

Si

LMMcXV

XG81101301004

Ponte do Porto-Arou

Ida

15.30

15.50

Si

LMMcX

XG81101301007

Ponte do Porto-Arou

Ida

14.45

15.05

Si

LMMcXV

XG81101301008

Ponte do Porto-Arou

Volta

8.00

8.20

Si

V

XG81101301009

Ponte do Porto-Arou

Ida

14.20

14.40

Si

LMMcX

XG81101401003

IES Pedra da Aguia-Santa Mariña

Ida

14.45

15.10

Si

LMMcXV

XG81101401004

IES Pedra da Aguia-Santa Mariña

Volta

7.50

8.15

Si

V

XG81101401005

IES Pedra da Aguia-Santa Mariña

Ida

14.20

14.45

Si

LMMcX

XG81101501003

IES Pedra da Aguia-Tufións

Ida

14.45

15.00

Si

LMMcXV

XG81101501004

IES Pedra da Aguia-Tufións

Volta

8.05

8.20

Si

V

XG81101501005

IES Pedra da Aguia-Tufións

Ida

14.20

14.35

Si

LMMcX

XG81101601003

IES Pedra da Aguia-A Devesa

Ida

14.45

15.00

Si

LMMcXV

XG81101601004

IES Pedra da Aguia-A Devesa

Volta

8.05

8.20

Si

V

XG81101601005

IES Pedra da Aguia-A Devesa

Ida

14.20

14.35

Si

LMMcX

XG81101701003

IES Pedra da Aguia-Camariñas-Xulgado

Ida

14.45

15.04

Si

LMMcXV

XG81101701004

IES Pedra da Aguia-Camariñas-Xulgado

Volta

8.01

8.20

Si

V

XG81101701005

IES Pedra da Aguia-Camariñas-Xulgado

Ida

14.20

14.39

Si

LMMcX

XG81101801003

Ponte do Porto-Porto (Camelle)

Ida

14.45

15.00

Si

LMMcXV

XG81101801004

Ponte do Porto-Porto (Camelle)

Volta

8.05

8.20

Si

V

XG81101801005

Ponte do Porto-Porto (Camelle)

Ida

14.20

14.35

Si

LMMcX

XG81101901003

IES Pedra da Aguia-Camariñas-Buría

Ida

14.45

15.03

Si

LMMcXV

XG81101901004

IES Pedra da Aguia-Camariñas-Buría

Volta

8.02

8.20

Si

V

XG81101901005

IES Pedra da Aguia-Camariñas-Buría

Ida

14.20

14.38

Si

LMMcX

XG81102001003

IES Pedra da Aguia-Camariñas-Lonxa

Ida

14.45

15.04

Si

LMMcXV

XG81102001004

IES Pedra da Aguia-Camariñas-Lonxa

Volta

8.01

8.20

Si

V

XG81102001005

IES Pedra da Aguia-Camariñas-Lonxa

Ida

14.20

14.39

Si

LMMcV

XG81102101003

Centro médico-Ferrol

Ida

14.10

14.43

Si

LMMcXV

XG81102101004

Centro médico-Ferrol

Volta

7.47

8.20

Si

X

XG81102101005

Centro médico-Ferrol

Ida

14.10

14.43

Si

L

XG81102101006

Centro médico-Ferrol

Volta

15.37

16.10

Si

L

XG81102101007

Centro médico-Ferrol

Ida

18.10

18.43

Si

LMMcV

XG81102201003

Centro médico-San Sadurniño

Ida

14.10

14.45

Si

LMMcXV

XG81102201004

Centro médico-San Sadurniño

Volta

7.44

8.19

Si

X

XG81102201005

Centro médico-San Sadurniño

Ida

14.10

14.45

Si

L

XG81102201006

Centro médico-San Sadurniño

Volta

15.34

16.09

Si

L

XG81102201007

Centro médico-San Sadurniño

Ida

18.10

18.45

Si

LMMcXV

XG81102301001

Centro médico-Arnados

Volta

7.46

8.21

Si

X

XG81102301002

Centro médico-Arnados

Ida

14.10

14.45

Si

L

XG81102301003

Centro médico-Arnados

Volta

15.35

16.10

Si

LMMcV

XG81102401003

Centro médico-Pego

Ida

14.10

14.36

Si

LMMcXV

XG81102401004

Centro médico-Pego

Volta

7.53

8.19

Si

X

XG81102401005

Centro médico-Pego

Ida

14.10

14.36

Si

L

XG81102401006

Centro médico-Pego

Volta

15.43

16.09

Si

L

XG81102401007

Centro médico-Pego

Ida

18.10

18.36

Si

LMMcV

XG81102501003

Centro médico-San Paio

Ida

14.10

14.40

Si

LMMcXV

XG81102501004

Centro médico-San Paio

Volta

7.50

8.20

Si

X

XG81102501005

Centro médico-San Paio

Ida

14.10

14.40

Si

L

XG81102501006

Centro médico-San Paio

Volta

15.40

16.10

Si

L

XG81102501007

Centro médico-San Paio

Ida

18.10

18.40

Si

LMMcV

XG81102601003

Centro médico-Ribeiro

Ida

14.10

14.33

Si

LMMcXV

XG81102601004

Centro médico-Ribeiro

Volta

7.56

8.19

Si

X

XG81102601005

Centro médico-Ribeiro

Ida

14.10

14.33

Si

L

XG81102601006

Centro médico-Ribeiro

Volta

15.46

16.09

Si

L

XG81102601007

Centro médico-Ribeiro

Ida

18.10

18.33

Si

LMMcXV

XG81102801003

Santa Comba-Vilar

Volta

8.37

9.32

Si

L

XG81102801004

Santa Comba-Vilar

Ida

16.38

17.33

Si

MMcXV

XG81102801005

Santa Comba-Vilar

Ida

15.28

16.23

Si

L

XG81102901003

Ponteceso-Xornes (O Quente)

Ida

14.10

14.41

Si

L

XG81102901004

Ponteceso-Xornes (O Quente)

Volta

15.33

16.04

Si

L

XG81102901005

Ponteceso-Xornes (O Quente)

Ida

18.05

18.36

Si

LMMcXV

XG81102901006

Ponteceso-Xornes (O Quente)

Volta

7.48

8.19

Si

MMcXV

XG81102901007

Ponteceso-Xornes (O Quente)

Ida

14.10

14.41

Si

L

XG81103001003

IES Eduardo Pondal-Limiñoa

Ida

14.10

14.45

Si

L

XG81103001004

IES Eduardo Pondal-Limiñoa

Volta

15.30

16.05

Si

L

XG81103001005

IES Eduardo Pondal-Limiñoa

Ida

18.05

18.40

Si

LMMcXV

XG81103001006

IES Eduardo Pondal-Limiñoa

Volta

7.45

8.20

Si

MMcXV

XG81103001007

IES Eduardo Pondal-Limiñoa

Ida

14.10

14.45

Si

L

XG81103101003

Ponteceso-Pazos de Arriba

Ida

14.10

14.41

Si

L

XG81103101004

Ponteceso-Pazos de Arriba

Volta

15.34

16.05

Si

L

XG81103101005

Ponteceso-Pazos de Arriba

Ida

18.05

18.36

Si

LMMcXV

XG81103101006

Ponteceso-Pazos de Arriba

Volta

7.49

8.20

Si

MMcXV

XG81103101007

Ponteceso-Pazos de Arriba

Ida

14.10

14.41

Si

L

XG81103201003

IES Eduardo Pondal-O Picho

Ida

14.10

14.36

Si

L

XG81103201004

IES Eduardo Pondal-O Picho

Volta

15.39

16.05

Si

L

XG81103201005

IES Eduardo Pondal-O Picho

Ida

18.05

18.31

Si

LMMcXV

XG81103201006

IES Eduardo Pondal-O Picho

Volta

7.54

8.20

Si

MMcXV

XG81103201007

IES Eduardo Pondal-O Picho

Ida

14.10

14.36

Si

L

XG81103301003

IES Eduardo Pondal-Cospindo

Ida

14.10

14.28

Si

L

XG81103301004

IES Eduardo Pondal-Cospindo

Volta

15.47

16.05

Si

L

XG81103301005

IES Eduardo Pondal-Cospindo

Ida

18.05

18.23

Si

LMMcXV

XG81103301006

IES Eduardo Pondal-Cospindo

Volta

8.02

8.20

Si

MMcXV

XG81103301007

IES Eduardo Pondal-Cospindo

Ida

14.10

14.28

Si

L

XG81103401003

IES Eduardo Pondal-Aldea Corme

Ida

14.10

14.37

Si

L

XG81103401004

IES Eduardo Pondal-Aldea Corme

Volta

15.38

16.05

Si

L

XG81103401005

IES Eduardo Pondal-Aldea Corme

Ida

18.05

18.32

Si

LMMcXV

XG81103401006

IES Eduardo Pondal-Aldea Corme

Volta

7.53

8.20

Si

MMcXV

XG81103401007

IES Eduardo Pondal-Aldea Corme

Ida

14.10

14.37

Si

L

XG81103501003

IES Eduardo Pondal-Corme

Ida

14.10

14.30

Si

L

XG81103501004

IES Eduardo Pondal-Corme

Volta

15.45

16.05

Si

L

XG81103501005

IES Eduardo Pondal-Corme

Ida

18.05

18.25

Si

LMMcXV

XG81103501006

IES Eduardo Pondal-Corme

Volta

8.00

8.20

Si

MMcXV

XG81103501007

IES Eduardo Pondal-Corme

Ida

14.10

14.30

Si

LMMcXV

XG81103601003

CEIP de Nétoma-Razo-Belarmino

Volta

9.00

9.30

Si

LMMcXV

XG81103601004

CEIP de Nétoma-Razo-Belarmino

Ida

14.50

15.20

Si

LMMcXV

XG81103701003

Gándara-Aldemunde Alto

Volta

9.15

9.40

Si

LMMcXV

XG81103701004

Gándara-Aldemunde Alto

Ida

15.00

15.25

Si

LMMcXV

XG81103901003

A Pedrasalgueira-Nariño

Volta

8.44

9.24

Si

LMMcXV

XG81103901004

A Pedrasalgueira-Nariño

Ida

16.06

16.46

Si

LMMcXV

XG81104001003

Benza-Cebei

Volta

8.20

9.15

Si

LMMcXV

XG81104001004

Benza-Cebei

Ida

16.15

17.10

Si

LMMcXV

XG81104101003

Benza-Pousadoiro

Volta

8.52

9.14

Si

LMMcXV

XG81104101004

Benza-Pousadoiro

Ida

16.17

16.39

Si

L

XG81104201003

CEIP Eduardo Pondal-Chenlo

Ida

16.25

16.52

Si

LMMcXV

XG81104201004

CEIP Eduardo Pondal-Chenlo

Volta

8.39

9.06

Si

MMcXV

XG81104201005

CEIP Eduardo Pondal-Chenlo

Ida

15.25

15.52

Si

L

XG81104301003

Ponteceso-Xornes-O Quente

Ida

16.25

17.02

Si

LMMcXV

XG81104301004

Ponteceso-Xornes-O Quente

Volta

8.27

9.04

Si

MMcXV

XG81104301005

Ponteceso-Xornes-O Quente

Ida

15.25

16.02

Si

L

XG81104401003

Ponteceso-Figueiroa

Ida

16.25

16.55

Si

LMMcXV

XG81104401004

Ponteceso-Figueiroa

Volta

8.35

9.05

Si

MMcXV

XG81104401005

Ponteceso-Figueiroa

Ida

15.25

15.55

Si

L

XG81104501003

CEIP Eduardo Pondal-Balarés

Ida

16.25

16.45

Si

LMMcXV

XG81104501004

CEIP Eduardo Pondal-Balarés

Volta

8.45

9.05

Si

MMcXV

XG81104501005

CEIP Eduardo Pondal-Balarés

Ida

15.25

15.45

Si

LMMcXV

XG81104701003

CEIP As Forcadas-Guxín

Volta

8.59

9.25

Si

LMMcXV

XG81104701004

CEIP As Forcadas-Guxín

Ida

14.45

15.11

Si

LMMcV

XG81104801001

CEIP Canosa-Rus-Ferrol

Ida

16.25

16.50

Si

X

XG81104801002

CEIP Canosa-Rus-Ferrol

Ida

15.50

16.15

Si

LMMcXV

XG81104801006

CEIP Canosa-Rus-Ferrol

Volta

8.55

9.20

Si

LMMcV

XG81104901001

CEIP Canosa-Rus-Pego

Ida

16.15

16.35

Si

X

XG81104901002

CEIP Canosa-Rus-Pego

Ida

15.40

16.00

Si

LMMcXV

XG81104901006

CEIP Canosa-Rus-Pego

Volta

9.10

9.30

Si

LMMcV

XG81105001001

Centro de saúde de Coristanco-A Pifaina

Ida

16.16

16.36

Si

X

XG81105001002

Centro de saúde de Coristanco-A Pifaina

Ida

15.41

16.01

Si

LMMcXV

XG81105001006

Centro de saúde de Coristanco-A Pifaina

Volta

9.10

9.30

Si

LMMcV

XG81105101001

Centro de saúde de Coristanco-A Ponte

Ida

16.14

16.34

Si

X

XG81105101002

Centro de saúde de Coristanco-A Ponte

Ida

15.39

15.59

Si

LMMcXV

XG81105101004

Centro de saúde de Coristanco-A Ponte

Volta

9.11

9.31

Si

LMMcV

XG81105201001

Centro de saúde de Coristanco-San Sadurniño

Ida

16.15

17.00

Si

X

XG81105201002

Centro de saúde de Coristanco-San Sadurniño

Ida

15.40

16.25

Si

LMMcXV

XG81105201004

Centro de saúde de Coristanco-San Sadurniño

Volta

8.45

9.30

Si

LMMcV

XG81105301001

Centro de saúde de Coristanco-A Capela

Ida

16.15

16.50

Si

X

XG81105301002

Centro de saúde de Coristanco-A Capela

Ida

15.40

16.15

Si

LMMcXV

XG81105301004

Centro de saúde de Coristanco-A Capela

Volta

9.10

9.45

Si

LMMcV

XG81105401001

CEIP Canosa-Rus-Taboada

Ida

16.15

16.35

Si

X

XG81105401002

CEIP Canosa-Rus-Taboada

Ida

15.40

16.00

Si

LMMcXV

XG81105401006

CEIP Canosa-Rus-Taboada

Volta

9.10

9.30

Si

LMMcXV

XG81105501003

Consultorio Ponte do Porto-Santa Mariña

Volta

8.45

9.20

Si

LMMcXV

XG81105501004

Consultorio Ponte do Porto-Santa Mariña

Ida

15.30

16.05

Si

LMMcXV

XG81105601003

CEIP de Ponte do Porto-A Devesa

Volta

9.05

9.20

Si

LMMcXV

XG81105601004

CEIP de Ponte do Porto-A Devesa

Ida

15.30

15.45

Si

LMMcXV

XG81105701003

CEIP de Ponte do Porto-Tufións

Volta

9.08

9.19

Si

LMMcXV

XG81105701004

CEIP de Ponte do Porto-Tufións

Ida

15.30

15.41

Si

LMMcXV

XG81105801003

CEIP de Ponte do Porto-O Porto

Volta

9.05

9.20

Si

LMMcXV

XG81105801004

CEIP de Ponte do Porto-O Porto

Ida

15.30

15.45

Si

V

XG81105901001

A Pontepedra-O Castiñeiro

Ida

14.40

15.34

Si

LMMcX

XG81105901005

A Pontepedra-O Castiñeiro

Ida

16.40

17.34

Si

LMMcXV

XG81105901006

A Pontepedra-O Castiñeiro

Volta

8.31

9.25

Si

LMcXV

XG81106001003

Centro de saúde de Cesullas-Beres de Abaixo

Ida

15.40

16.20

Si

LMMcXV

XG81106001004

Centro de saúde de Cesullas-Beres de Abaixo

Volta

8.20

9.00

Si

M

XG81106001005

Centro de saúde de Cesullas-Beres de Abaixo

Ida

15.40

16.20

Si

M

XG81106001006

Centro de saúde de Cesullas-Beres de Abaixo

Ida

18.00

18.40

Si

LMMcV

XG81106101003

Centro médico-Arnados

Ida

14.10

14.55

Si

L

XG81106101004

Centro médico-Arnados

Ida

18.10

18.55

Si

LMMcXV

XG81103801003

Benza-O Rapadoiro

Volta

8.46

9.15

Non

L

XG81100101001

Laxe-Carballo E.A.-Santiago E.I.

Ida

6.30

8.29

Non

LMMcXV

XG81106201001

Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano)

Ida

6.30

7.55

Non

L

XG81100801001

A Laracha Concello-Santiago E.I.

Ida

6.40

8.48

Non

LMMcXV

XG81100701001

Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I. -Fontiñas (CPI Fontiñas)

Ida

7.30

8.48

Non

LV

XG81101001003

Camariñas-Santiago E.I.

Ida

8.25

10.35

Non

LMMcXV

XG81100201001

Carballo E.A.-Santiago E.I.

Ida

10.00

11.14

Non

LMMcXVS

XG81100201008

Carballo E.A.-Santiago E.I.

Volta

13.00

14.14

Non

LMMcXV

XG81101101001

Vimianzo-Santiago E.I.

Volta

13.00

14.32

Non

LMMcXV

XG81100201004

Carballo E.A.-Santiago E.I.

Volta

19.00

20.14

Non

LMMcXV

XG81100201005

Carballo E.A.-Santiago E.I.

Ida

19.15

20.29

Non

LV

XG81101001004

Camariñas-Santiago E.I.

Volta

19.45

21.55

Non

MMcXV

XG81100901002

A Pontepedra-Santiago E.I. -Fontiñas (CPI Fontiñas)

Ida

7.15

8.52

Non

MMcXV

XG81100301002

Foxo-Santiago E.I.

Ida

7.40

8.25

Non

MMcX

XG81101101003

Vimianzo-Santiago E.I.

Ida

9.05

10.37

Non

MMcX

XG81101101004

Vimianzo-Santiago E.I.

Volta

19.45

21.17

Non

V

XG81100101002

Laxe-Carballo E.A.-Santiago E.I.

Volta

19.00

20.59

Non

SD

XG81100201009

Carballo E.A.-Santiago E.I.

Ida

9.30

10.44

Non

S

XG81101201009

Baio-Santiago E.I.

Ida

9.40

10.56

Non

SD

XG81100201010

Carballo E.A.-Santiago E.I.

Volta

19.00

20.14

Non

D

XG81101201001

Baio-Santiago E.I.

Volta

9.00

10.16

Non

D

XG81101201002

Baio-Santiago E.I.

Ida

10.55

12.11

Non

D

XG81100601001

Malpica-Carballo E.A.-Santiago E.I.

Ida

18.45

20.29

Non

D

XG81101201004

Baio-Santiago E.I.

Ida

19.20

20.36

Non