De conformidade co disposto no artigo 90.d) e 92.2 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas a resolución dos trámites previos da investigación da titularidade así coma os prezos mínimos de transmisión e arrendamento dos predios afectados polo polígono agroforestal de Oímbra.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Oímbra, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):
a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023
Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Anexo
Persoas interesadas ás que logo de intentada a notificación, esta non se puido efectuar
Referencia catastral |
Nome e apelidos |
32054A0******7****SF |
Herdeiros de Eugenio González Lorenzo |
32054A5******8****AY |
María Adelaida Estévez Alonso |
32054A5******2****AG |
Herdeiros de Delfín Feijoo Plaza |
32054A5******2****AG |
María Alonso Pousadas |
32054A5******2****AF |
Felisa Pérez García |
32054A5******2****AF |
Herdeiros de Pablo Pérez García |
32054A5******2****AF |
Josefina Pérez García |
32054A5******2****AF |
Filomena Pérez García |
32054A5******2****AF |
Custodia Pérez García |
32054A5******2****AI |
José Prada García |
32054A5******7****AU |
Manuel Alonso Fernández |