DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2023 Páx. 59093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 19 de outubro de 2023 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Cualedro (expediente PA-21-02).

De conformidade co disposto nos artigos 90.d) e 92.2 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas a resolución dos trámites previos da investigación da titularidade así coma os prezos mínimos de transmisión e arrendamento dos predios afectados polo polígono Agroforestal de Cualedro.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no taboleiro de edictos do Concello de Cualedro, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE:

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural

Anexo

Persoas interesadas ás que logo de intentada a notificación,
esta non se puido efectuar

Referencia catastral

Nome e apelidos

32029A5******6****HS

Sara Toro Rúa

32029A5******8****HU

Herdeiros de Concepción Casas Sanmamed

32029A5******2****HH

María de los Ángeles Carnero Fernández

32029A5******4****HT

Rogelio Casas Martínez

32029A5******3****HL

Araceli Arias Medeiros