DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2023 Páx. 59067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2023/347-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Faro de Corrubedo, S.L. (B70049432).

Domicilio social: rúa Calzada do Sar, 2, ent., 15702 Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto de LMTS, CT (400 kVAS) e RBTS.

Situación: rúas Galicia, Viriato Lamas e Juanjo Liñares, Ordes (A Coruña).

Caracaterísticas técnicas:

– Liña de alta tensión soterrada de 20 kV, con inicio e fin en empalmes proxectados no tramo da liña de distribución existente MEI809 comprendido entre os transformadores existentes CT 15CZZ3 e CT 15CLJG, con entrada e saída no centro de transformación proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 2×(3×240 mm2), Al, lonxitude de 30 m.

– Centro de transformación en local de obra civil, con celas prefabricadas (2L1P) composto por 2 celas de liña, 1 cela de protección con fusible (24 kV, 400 A,16 kA) e transformador de 400 kVA, refrixeración natural, aceite mineral e relación de transformación 20 kV/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Coruña, 29 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña