DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2023 Páx. 59072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ACORDO do 9 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lle dá publicidade ao inicio dos expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Coruña:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición da persoas interesadas os expedientes para que consonte ao previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común (BOE do 2 de outubro), no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º, da Coruña.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Planificación e Xestión Educativa do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que as persoas interesadas estean conforme coa obriga do reintegro, poderán facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente.

No mesmo prazo poderán solicitar na súa Delegación do Ministerio de Economía y Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».

A Coruña, 9 de outubro de 2023

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

NIF: 32928421B.

Importe: 2.343,47 euros.

Curso: 2021/22.

Causa: 1.10.

NIF: 32916287K.

Importe: 518,83 euros.

Curso: 2021/22.

Causa: 1.10.

NIF: 78812916N.

Importe: 2.305,76 euros.

Curso: 2021/22.

Causa: 1.10.

NIF: 44070179V.

Importe: 2.266,27 euros.

Curso: 2021/22.

Causa:1.10.

NIF: 47435002D.

Importe: 2.247,75 euros.

Curso: 2021/22.

Causa: 1.10.

NIF: 58028074V.

Importe: 619,49 euros.

Curso: 2021/22.

Causa: 1.10.

NIF: 49918840P.

Importe: 2.453,87 euros.

Curso: 2021/22.

Causa:1.12.

NIF: 72901771M.

Importe: 2.119,00 euros.

Curso: 2021/22.

Causa: 1.10.

NIF: 32962040G.

Importe: 410,00 euros.

Curso: 2021/22.

Causa: 1.10.