DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58727

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, en virtude de probas selectivas, polas quendas de promoción interna e acceso libre.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución reitoral do 11 de novembro de 2021 (DOG do 24 de novembro) para ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), polas quendas de promoción interna e acceso libre, e comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, da USC, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. No anexo da resolución relaciónanse as persoas nomeadas e os destinos adxudicados.

Segundo. Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse o día 16 de novembro de 2023.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado no parágrafo anterior mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Adxudicación de destinos

Quenda de promoción interna.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Denominación e unidade
de adscrición do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

1

***3026**

Rodríguez López, Carlos María

PF000186

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Facultade de Ciencias da Comunicación

A2

21

Mañá

Santiago de Compostela

Quenda de acceso libre.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Denominación e unidade
de adscrición do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

1

***4570**

Cebeiro Domínguez, Bianca

PF000187

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Xeral

A2

21

Mañá

Santiago de Compostela

2

***0047**

Rey Sánchez, Mónica

PF000160

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A2

21

Mañá

Santiago de Compostela

3

***9614**

Méndez-Iragorri Sánchez, Ana

PF000161

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A2

21

Mañá

Santiago de Compostela

4

***2902**

Posse Rivera, María Carmen

PF000193

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Xeral

A2

21

Mañá

Santiago de Compostela

5

***4311**

Carreño Rodríguez, Alejandra

PF000197

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

A2

21

Mañá

Lugo