DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58730

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de médico de empresa.

Mediante a Resolución reitoral do 6 de setembro de 2023 (DOG do 15 de setembro e BOE do 25 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de médico de empresa, grupo I, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta:

Ángeles Sandar Picado, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Vogais:

– Francisco Caamaño Isorna, catedrático de universidade da USC.

– Alejandra Martínez Maquieira, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– José Manuel Velo García, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretaria:

María del Carmen Soengas Seoane, funcionaria de carreira da escala técnica superior da Administración da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta:

Ángeles Tallón Nieto, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Vogais:

– Ana María Bermejo Barrera, catedrática de universidade da USC.

– Martín Cacheiro Martínez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Victoriano Lema Pérez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretaria:

Eva María Fabeiro Buceta, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela