DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador e cartas de pagamento en materia de industria, IN635C SANC-IND OU 2023/13-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícaselle á persoa relacionada no anexo os actos que se indican, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE). A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 13 de outubro de 2023

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

NIF interesado/a

Acto adoptado

Data do acto

IN635C SANC-IND OU 2023/13-3

Acordo de inicio e cartas de pagamento

71521091S

Pola xefa territorial

28 de agosto de 2023