DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2023 Páx. 58558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do polígono 8 (modificado).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribeira, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de setembro de 2023, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior do polígono 8 (modificado), que incorpora as previsións recollidas no informe ambiental estratéxico emitido polo órgano ambiental, nos termos que constan no expediente, así como as indicacións obtidas pola Xunta de Galicia.

Ábrese un período de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, e anunciarase ademais nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, dado que estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello (enderezo https://www.ribeira.gal).

Igualmente, acórdase suspender o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do plan especial.

O anterior faise público en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Ribeira, 26 de setembro de 2023

Luis Antonio Pérez Barral
Alcalde presidente